UNICEF CONFIRMA QUE CUBA É O ÚNICO PAÍS DE AMÉRICA LATINA E O CARIBE QUE ELIMINOU A DESNUTRICIÓN INFANTIL.
Cira Rodríguez César – Prensa Latina
A existencia no mundo en desenvolvemento de 146 millóns de nenos menores de cinco anos baixos de peso, contrasta coa realidade dos infantes cubanos, recoñecidos mundialmente por estar alleos a ese mal social.
Esas preocupantes cifras apareceron nun recente reporte do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), baixo o título de Progreso para a Infancia, Un balance sobre a nutrición, divulgado na sede da ONU. De acordo co documento, as porcentaxes dos nenos con baixo peso son de 28 por cento en Africa Subsahariana, 17 no medio Oriente e Africa do Norte, 15 en Asia oriental e o Pacífico, e sete en Latinoamérica e o Caribe.
A táboa complétana Europa Central e do Leste, co cinco por cento, e outros países en desenvolvemento, con 27 por cento.
Cuba non ten eses problemas, é o único país de América Latina e o Caribe que eliminou a desnutrición infantil severa, grazas aos esforzos do Goberno por mellorar a alimentación do pobo, especialmente a daqueles grupos máis vulnerables.
As crúas realidades do mundo mostran que 852 millóns de persoas padecen de fame e que 53 millóns delas viven en América Latina.
Só en México hai cinco millóns 200 mil persoas desnutridas e en Haití tres millóns 800 mil, mentres en todo o planeta morren de fame cada ano máis de cinco millóns de nenos.
De acordo con estimados das Nacións Unidas, non sería moi custoso lograr saúde e nutrición básica para todos os habitantes do Terceiro Mundo.
Bastarían para alcanzar esa meta 13 mil millóns de dólares anuais adicionais ao que agora se destina, unha cifra que nunca se logrou e que é exigua se se compara co millón de millóns que cada ano se destinan a publicidade comercial, o 400 mil millóns en drogas estupefacientes ou mesmo o oito mil millóns que se gasta en Estados Unidos en cosméticos.
Para satisfacción de Cuba, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) tamén recoñeceu que esta é a nación con máis avances en América Latina na loita contra a desnutrición.
O Estado cubano garante unha canastra básica alimenticia que permite a nutrición da súa poboación “polo menos nos niveis básicos” mediante a rede de distribución de produtos normados.
De igual forma, levan a cabo reaxustes económicos noutros mercados e servizos locais para mellorar a alimentación do pobo cubano e atenuar o déficit alimentario.
Especialmente mantense unha constante vixilancia sobre o sustento dos nenos, as nenas e adolescentes. Así, a atención á nutrición comeza coa promoción dunha mellor e natural forma de alimentación da especie humana.
Desde os primeiros días de nados os incalculables beneficios da lactación materna xustifican todos os esforzos realizados en Cuba en favor da saúde e o desenvolvemento da súa infancia.
Iso permitiulle elevar as porcentaxes de recentemente nados que manteñen até o cuarto mes de vida a lactación exclusiva e que mesmo continúan consumindo leite materno, complementada con outros alimentos, até o seis meses de idade.
Actualmente o 99 por cento dos recentemente nados saen das maternidades con lactación materna exclusiva, superior á meta proposta, que é do 95 por cento, segundo datos oficiais, nos cales se indica que todas as provincias do país cumpren esta meta.
A pesar das difíciles condicións económicas atravesadas pola Illa, vélase pola alimentación e nutrición dos infantes mediante a entrega diaria dun litro de leite fluído a todos os nenos de cero a sete anos de idade.
Súmase a iso a entrega doutros alimentos, por exemplo compotas, zumes e viandas, que, en dependencia das dispoñibilidades económicas do país, distribúense equitativamente nas idades máis pequenas da infancia.
Até os 13 anos de idade priorizase a distribución subsidiada de produtos complementarios como o iogurt de soia e en situacións de desastres naturais protéxese á nenez mediante a entrega gratuíta de alimentos de primeira necesidade.
Os nenos incorporados aos Círculos Infantís (gardarías) e ás escolas primarias con réxime de seminternado reciben, ademais, o beneficio do continuo esforzo por mellorar a súa alimentación en canto a compoñentes dietéticos lácteos e proteicos. Co apoio da produción agrícola -aínda en condicións de severa seca- e unha maior importación de alimentos, alcánzase un consumo de nutrientes por encima das normas establecidas pola FAO.
En Cuba ese indicador non é a media ficticia de sumar o consumo alimentario dos ricos e o dos famentos. Adicionalmente, o consumo social inclúe a merenda escolar que se reparte gratuitamente a centos de miles de estudantes e traballadores da educación, as cotas especiais de alimentos a nenos de até 15 anos e persoas de máis de 60 nas provincias orientais.
Nesa lista están contempladas as embarazadas, nais lactantes, anciáns e discapacitados, o suplemento alimentario para pequenos con baixo peso e talla e a subministración de alimentos a municipios de Pinar del Río, La Habana e á Isla de la Juventud.
Ditas entidades foron azoutadas o ano pasado por furacáns, mentres as provincias de Holguín, As Tunas e cinco municipios de Camaguey sofren actualmente a seca.
Nese empeño colabora o Programa Mundial de Alimentos (PMA), o cal contribúe á mellora do estado nutricional da poboación máis vulnerable na rexión oriental, onde se benefician máis de 631 mil persoas. A cooperación do PMA con Cuba data de 1963, cando esa axencia brindou asistencia inmediata ás vítimas do furacán Flora. Até a data, consumou no país cinco proxectos de desenvolvemento e 14 operacións de emerxencia. Recentemente, Cuba pasou de ser un país receptor a doante.
O tema da desnutrición cobra gran importancia na campaña da ONU para lograr en 2015 as Metas de Desenvolvemento do Milenio, adoptadas no Cume de xefes de Estado e de Goberno celebrada en 2000, e que teñen entre os seus obxectivos eliminar a pobreza extrema e a fame para esa data.
Pero os cubanos afirman que esas metas non lle quitan o soño a ninguén, a propia ONU sitúa ao país á vangarda do cumprimento de tales retos en materia de desenvolvemento humano.
Non exenta de deficiencias, dificultades e serias limitacións por un bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos fai máis de catro décadas, Cuba non mostra desesperantes nin alarmantes índices de desnutrición infantil.
“Ningún dos 146 millóns de nenos menores de cinco anos baixos de peso que viven hoxe no mundo é cubano.”