A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil naceu en Vigo no ano 1983, onde ten hoxe a súa sede central. Na actualidade ten grupos activos nas comarcas de Compostela, O Morrazo e Baixo Miño. O seu ámbito de actuación é Galiza.
A nosa asociación leva o nome do Xeneral galego-mambí Francisco Villamil, morto en Cuba no ano 1873, en plena loita pola independencia do país contra as tropas españolas.
Os obxectivos da Asociación son entre outros:
- Propicia-la aproximación entre os pobos cubano e galego, a medio do coñecemento e o estudio da actualidade e a historia común.
- Contribuír ó mutuo coñecemento mediante embaixadas culturais que estimulen entre ambos pobos o florecemento das súas relacións.
- Denunciar, mentres se manteña, o criminal bloqueo económico, comercial, financeiro e cultural ó que está sometida a República de Cuba por parte do réxime dos Estados Unidos de América, e avogar pola derrogación das leis nas que se sustenta.
- Colaborar en definitiva á solidariedade entre os pobos galego e cubano e en xeral entre todos os pobos do mundo.
Para iso desenvolve actividades deste teor:
- Organización de actos socioculturais e políticos como seminarios, conferencias e ciclos de cine.
- Elaboración e edición de libros, revistas, folletos ou comunicados, en soporte de papel ou informático para difundir as ideas da Asociación.
- Achegar información contrastada sobre a realidade cubana e denunciar o criminal Bloqueo, de xeito que a opinión pública poida comparar os prexuízos dos media reaccionarios coa vontade probada de Cuba por defender a súa independencia e construír o socialismo.
- Realizar campañas e actividades destinadas a mobilizar a solidariedade con Cuba do pobo galego e achegar toda a axuda material posible para rachar o bloqueo, especialmente no campo da saúde, a enerxía e a soberanía alimentaria do pobo cubano.
A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil ten a súa sede na Avenida Cánovas número 10, 1º oficina 5, c.p. 36202 Vigo.
O noso telefone 627 575 852 ten incorporado whatsapp.
Agradeceremos tamén a súa opinión a traveso de Internet:
- No noso sitio web: www.terrasenamos.org
- No facebook: https://www.
facebook.com/Terra-sen-amos- Asociación-de-Amizade- GalegoCubana-Francisco- Villamil - No twitter: https://twitter.com/
Galegocubana - No enderezo electrónico: galegocubana@gmail.com é posibel contactarnos.
No local, atendemos xoves, entre as 18 e as 20 horas.