O LX Aniversario da Revolución Cubana é un intre de fondo significado na historia da nosa América e na do mundo enteiro. A capacidade dun pobo e dos seus líderes para erguer con éxito, diante das fauces imperialistas, as bandeiras da liberdade, a independencia, a democracia, o socialismo, o altruismo e o internacionalismo. A partir da derruba da URSS e, como afirmou Raul Castro o primeiro de xaneiro pasado, nun memorabel discurso, “depois de quedarmos sós no medio de Occidente e a 90 millas dos EUA e cando ninguén no mundo tería apostado un can pola supervivencia da Revolución”. O que fora combatente do Moncada e comandante da Segunda Fronte Frank Pais, e depois seria lider da Revolución, contouno nunha emotiva ceremonia de honra do LX aniversario no cemiterio de Santa Ifigenia de Santiago de Cuba, terra venerábel que garda os restos de Martí e Fidel, do pai e a nai da Patria e dos centos de combatentes de Santiago de Cuba caídos na Guerra de Liberación e en misións internacionalistas.
Os 60 anos da Revolución son recordados con festas en toda Cuba e parabéns no resto do mundo, mentres o centro e Miami convoca cartaces con obxeccións matizadas, condenas anti-comunistas, saudades escollidas e mínima asistencia. Na Habana, as rachadas comparsas de Aninovo arrodean ao Presidente que baila no medio do estrondo das congas. De camiño visita Calabazar, o barrio no que residiran os vivarense Xulio e Pedro Trigo, o Barrio Chino e o céntrico bulevar de San Rafael nun baño de masas.
Carlo Frabetti, matemático e escritor residente en Catalunya, é un dos autores máis lidos en Cuba e as súas obras venden en todo o mundo. Por ter asinado un manifiesto de denuncia da campaña de Prisa contra Cuba e Venezuela, a editora dos seus éxitos en Madrid (Santillana, do grupo Prisa-El Pais) recusou editarlle novos títulos endebén non deixase de vender os seus grandes éxitos. “Escrebendo conseguin gañar abondo para viver, mais polo activismo político non só non che pagan senón que chas fan pagar caro”, declara nunha entrevista publicada no sitio Jotdown.
“Escribín un manifiesto que asinamos cen persoas denunciando a campaña de Prisa contra Cuba e Venezuela e deseguida souberon que fora eu quen o redactara. Os meus amigos dentro de Prisa chamáronme miñaxoia: non comprendian como escribira semellante texto. A denuncia era contra o Grupo Prisa e contra escritores e intelectuais que asinaran un manifesto pedindo democracia en Cuba. Nós contestamos preguntando por qué non pedían democracia en España. Eis a idea. Ao saberen que fora eu quen redactara o manifesto e recadara asinaturas, dous libros que tiña pendentes de publicación chegáronme de volta por correo. Pasado un mundo de tempo, chamáronme de Santillana para volver editar con eles”.
Frabetti é o autor non cubano máis lido e reeditado en Cuba. “Visitei regularmente Cuba a partir e 2002. Nunha das primeras conversacións con Fidel (co que tiven o privilexio de traballar e discutir) preguntoume que fora o que máis me sorprendera de Cuba e contesteille: “que os rapaces non choran e que os maiores non lles berran”. En España ou en Italia, a publicidade é agresiva e pode que te cheguen mil impactos diarios, un cada minuto. Eis a razón de vivirmos rodeados de nenos fóra de si, a pedir cousas sen parar, e de pais que corrixen aos pequenos. En Cuba non ves cativos chorando nin maiores a berrarlles, dúas cousas que teñen moito que ver coa ausencia de publicidade e de consumismo desaforado”.
“Segue a pensar que o modelo é Cuba?”, preguntan a Carlo Frabetti na entrevista con Jottdown. “Nunca dixen que o modelo fose Cuba: o que eu afirmo é que Cuba probou que o socialismo é posíbel, mesmo coas sortes de cara e coa bota dos Estados Unidos enriba. Os cubanos cometeron moitos erros, non son perfectos, mais están no bon camiño. Un exemplo: se os Estados fosen persoas, Cuba sería unha boa persoa, cos seus erros e defectos, mentres Estados Unidos, Alemania, España, Italia, serían Al Capone ou Jack el Destripador. Ou as dúas cousas de vez. En Cuba pode haber racismo, machismo, corruptela, todo, mais ten un nivel de solidariedade e unha vontade de superación exemplares”.
No cabodano de Fidel, o escritor e xornalista Enrique Ubieta recordou a pegada do Lider da Revolución en todo o mundo, nun artigo publicado por Resumen Latinoamericano. Terra Sen Amos reproduce este traballo en traducción do boletín do Partido Comunista do Brasil. “Em fins do século XIX, já era imaginável uma Revolução social autêntica que não localizasse seus sonhos de redenção no ser humano, um farol que ultrapassasse os limites da raça e da nação. A democracia grega excluía os escravos e as mulheres e – sem estender-me em exemplos de outras épocas – os ideólogos da Revolução burguesa se desconsideravam, também, os povos colonizados. Seguir lendo “Fidel reuniu as tradições emancipatórias da colonia, a neocolonia e Outubro” (Enrique Ubieta)→
Cuba tornou-se, mais uma vez, capital da integração da América Latina e do Caribe, na ocasião do XIII aniversário da ALBA-TCP, a celebração do 16º Conselho Político da organização e o encerramento de uma reunião intergovernamental entre a Ilha maior das Antilhas e Venezuela. A assembleia da ALBA-TCP tem lugar uma semana depois do VI Cume do CARICOM, em Antígua e Barbuda, 8 de dezembro, onde Raul Castro afirmara que um Caribe cada vez mais próspero, equitativo, seguro, sustentável e unido é possível.