José A. Amesty – TRAMAS (R. Arxentina)
As redes das Organizacións non Gubernamentais (ONG) baixo guía e salario da Axencia dos Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID) a Fundación Nacional para a Democracia (NED) o Instituto Republicano Internacional (IRI) e o Instituto Democrático Nacional (NDI) son intermediarios de contratos con empresas e actores radicados fóra e dentro de Cuba. Os obxectivos e programas destas ONG son fomentar aparencia falsamente desinteresada e dar prestixio a actores sociais presuntamente voluntarios para, de feito, favoreceren un cambio de sistema político en Cuba, fin último da política de Biden e dos poderes económicos que a súa presidencia representa.
Unha destas ONG millonarias, con fachada de defensora de dereitos humanos, é a citada NED ou Fundación Nacional para a Democracia. Esta entidade adoita emitir en Maio un informe anual coa relación de entidades que gozan do respaldo dos EUA e consideran comprometidas na defensa da política internacional de Washington. Todas as organizacións que recibiron fondos entre 2021 e 2023 para levar adiante programas que afirman defenderen dereitos humanos e democracia en Cuba, figuran nesta lista.
Que o traballo atribuido a estas ONG corresponda e verdade, é outro cantar. Deste xeito, podemos ver as tradicionais fundacións, organizacións e ONG que fagocitan orzamentos outorgados en transferencias anuais como Diario de Cuba, Cibercuba, People in Need (PIN), Article 19 ou o Observatorio Cubano dos Dereitos Humanos (OCDH)
Dous proxectos menos coñecidos, foron creados para renovar o ataque mediático contra o goberno de Cuba, mais están a perderen credibilidade, frescura e a escasa influencia que lograran cun estilo de prensa marela. Un deles pode ser El Toque, anunciado nas redes sociais, o novo escenario de noticias falsas, e que foi relanzado con orzamento da embaixada dos EUA en Cuba, co fin de potenciar a guerra contra o Peso Cubano, coa vista posta na súa depreciación e no aumento conseguinte da inflación.
PAGADOS POLA NED
Os que fan El Toque, evitan recoñeceren que están pagados pola NED , mais por causa da guerra na Ucraína algunhas iniciativas europeas coma a Fundación Colectivo Más Voces, rexistrada en Polonia reclamaron máis atención o que reduciu o asignado a iniciativas coma a deste sitio da illa dirixido por José Jasan Nieves. Ben entendido que El Toque cos cartos da NED , e ,a maiores, cos pagos da Axencia de Medios Globais (USAGM) a través da empresa Media Plus Experience INC, axencia que branquea os pagos destas plataformas e dos seus colaboradores anónimos na illa.
A El Toque tanto lle ten o branqueo dos fondos que recibe; non fai caso do refrán da avoa: fuxe da ocasión e non terás desazón. Que llo pregunten se non a Shakira, Lionel Messi, Cristiano Ronaldo, demandados por evasión fiscal e branqueo de fondos. Se cadra, non tardará o remate xudicial deste relato coa NED , El Toque e Cuba Siglo XXI.
É curioso que El Toque, non teña dado ese paso, como si que o fixo no seu momento Cubanet. De feito, é significativo que ignore o trámite legal, pois do mesmo xeito que Cuba Siglo XXI, corre o risco dun proceso por evasión fiscal, contra o sitio e os seus colaboradores radicados en España.
Escasean os seguidores de Cuba Siglo XXI outro proxecto anti-cubano, menos coñecido, que salienta polos seus esforzos por despuntar e polo eco xordo que acolle seus comentarios. Tanto que se cadra non vai obter recoñecemento público da NED . Juan Antonio Blanco Gil, seu director, non convenceu coa súa intervención no seminario “O impacto da guerra en Ucraína”, celebrado en Madrid, malia que a NED conserva seu sitio na lista e finanza as súas viaxes aos EUA. para reunións privadas con funcionarios.
O resto dos proxectos anti-cubanos, que dependen dos salarios da NED , continúan sen novidade: Diario de Cuba, o seu director, Pablo Díaz Espi, leva anos inventando iniciativas a eito contra a illa. A súa paixón polo ciclismo levouno a alternar as súas actividades privadas co proxecto Cubadata e encontros con diplomáticos checos en España para encetar estratexias de denuncias sobre a situación dos dereitos humanos en Cuba.
O xornalista Carlos Cabrera Pérez, expulsado de Cuba Próxima por ter filtrado acordos internos, foi acollido por Cibercuba para publicar artigos sobre presuntas conspiracións de membros do Ministerio do Interior da República de Cuba (Minint) e as Forzas Armadas Revolucionarias de Cuba (FAR) contra o Estado cubano. Esta interpretación procede da académica Laura Tedesco, profesora do College Saint Louis University en Madrid.
People in Need (PIN), segue na trela de organizar eventos académicos, reunións e viaxes de mercenarios internos a Europa e América Latina, baixo tutela da súa oficina rexional en Costa Rica.
Article 19, a través das funcionarias Claudia Ordóñez Víquez e Mikaelah Drullard, trasladou recomendacións ao Goberno nas sesións do exame periódico universal (EPU) e do Comité para a Eliminación de todas as Formas da Discriminación contra a Muller (CEDAW)
Como acostuma facer en proxectos de dubidosa actividade, a NED manterá oculto o pago de actividades acometidas polo Observatorio Cubano dos Dereitos Humanos (OCDH) que na última etapa centrou seu labor na confección de informes sobre presuntas violacións e detencións arbitrarias. Con todo, o que, si quedou claro foi que Elena Larrinaga, expresidenta de OCDH, deu desprazado Alejandro González Raga do seu cargo de presidente, en substitución da súa irmá Teresa Larrinaga.
No marco da Eurocopa 2024, é case posíbel que, dende a NED , fagan uso dunha estratexia similar a de Alemania e presenten de centro-dianteiros a Cuba Siglo XXI e El Toque coma propostas finais para cambio de Goberno e sistema político en Cuba.
A falsa democracia promovida polo goberno de Biden para América Latina, permanece no arquivo das falcatruadas famosas, coa súa proposta de golpe brando e a confianza na guerra non convencional contra Cuba.
A Casa Branca, gobernada polo Estado Profundo, recusa as medidas de apertura e despreza ao crecente sector privado en Cuba, con as súas reiteradas demandas de apertura. Arrían o pano democrático, aumentan os fondos e compromisos en proxectos que denigren os dereitos humanos en Cuba; deitan atrancos contra o sector estatal; inventan líderes de opinión para fabricaren unha sociedade á súa medida, comprometida cos seus intereses, para finalmente impulsaren un retroceso político radical na illa revolucionaria.