Yailé Balloqui Bonzón – Juventud Rebelde Cuba levará novamente ao Comité de Descolonización das Nacións Unidas o dereito do povo de Porto Rico a súa autodeterminación. A demanda de resolución do dominio colonial norteamericano sobre a illa, dende hai 117 anos, foi presentada por Cuba en 33 ocasións. O documento cubano, presentarase o vindeiro 22 de xuño e nel reafírmase o dereito inalienabel do pobo Boricua a independencia coma nación latinoamericana e caribeña con identidade nacional de seu.
Sergio Alejandro Gómez – Granma WASHINGTON. Pasaron cinco meses despois de os presidentes Barack Obama e Raúl Castro anunciar 17 de decembro o seu propósito de abriren novo capítulo nas relacións entre Estados Unidos e Cuba. A terceira rolda de conversas a nivel de funcionarios, desentorna agora a porta para o izado de bandeiras nas misións de Washington e Habana. Estamos na encrucillada dun camiño máis longo e empenado. Granma comparte cos seus lectores sete enfoques para axudar a entender as dimensións do que está a suceder entre A Habana e Washington e a etapa que se aveciña.
1. Os presidentes tomaron unha decisión; agora compre levala á práctica.
Dezasete de decembro, entre outras noticias de importancia para ambos povos, Raúl Castro e Barack Obama anunciaron xuntos a súa vontade de restablecemento de relacións diplomáticas, rotas hai máis de medio século. A declaración dos presidentes ten de ser validada polas administracións de canaseu país para materializar o paso. As reunións establecerán as bases da nova relación diplomática, para evitar os erros do pasado.
2. Ningunha das partes puxo condicións ás reunións, endebén os media falaran de cláusulas previas entre as partes.
Tanto os diplomáticos cubanos como os de EUA falaron dun clima de reciprocidade, sen inxerencias e con respecto á profesionalidade. Porén, Cuba precisou que sería necesario proceder antes ao fin da súa inxusta inclusión na lista de países terroristas e a situación da súa misión en Washington, que careceu de servizos bancarios por máis dun ano. Ambos atrancos están en vías de solución. A parte estadounidense falou sobre a mobilidade dos seus representantes na futura embaixada na Habana (a dos diplomáticos cubanos está limitada en Washington) así como o acceso dos cubanos ás súas instalacións.
Para Cuba é de rigor aterse ás Convencións de Viena sobre Relacións Diplomáticas e Consulares, que establecen o cumprimento das leis do país anfitrión e a non inxerencia en asuntos internos. Unha misión debe poder relacionarse coas persoas do país anfitrión, mais respectando preceptos e normas, explicou un diplomático cubano. Seguir lendo Guía para entender as conversas entre Cuba e EUA→
A Comisión Internacional de Xuristas reunida para investigar o caso dos Cinco reclamou do presidente dos Estados Unidos Barack Obama, a urxente liberación dos loitadores antiterroristas cubanos ainda presos nas cadeas norteamericanas.
Indícase que a posta en liberdade debe ser inmediata e incondicional, por mor das conclusións dos xuices depois de investigaren o caso dos cubanos arrestados en 1998 por tratar de prever os ataques de grupos terroristas contra Cuba.
Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, e Xosé Manuel Viqueira Sende, ex-presidente da Asociación e actual membro de Xunta Directiva, entregaron no Consulado dos Estados Unidos en Galiza, situado na cidade da Coruña, unha carta dirixida a Barack Obama na que se reclama a liberdade para os Cinco Anti-terroristas inxustamente detidos nos Estados Unidos.
A misiva foi entregada simultaneamente noutras delegacións dos Estados Unidos en todo o Estado, en nome do Comité Estatal pola liberdade dos Cinco Cubanos presos en EE.UU. presos por loitar contra o terrorismo. O Comité recordaba desta maneira a persistencia da inxustiza cometida contra os Cinco, no 15 aniversario da súa detención e proceso, considerados por todo o mundo coma paradigma de inxustiza. Seguir lendo Directivos da Francisco Villamil reclaman a Obama a liberdade dos Cinco→
O bloqueo aplicado por Estados Unidos contra Cuba durante máis de medio século é unha violación masiva, rechamante e teimosa dos dereitos humanos que deixa sobre o país unha altísima pegada nos sectores máis sensibeis; ao tempo, viola o dereito da cidadanía norteamericana a manter intercambios cos seus veciños en liberdade.