Trump di que o socialismo trae miseria e chama a todas as nacións do mundo a loitar contra tan perigoso sistema. Sabendo que Washington teima no Bloqueo dende hai 60 anos, sen conseguir mudar nin un anaco a posición de Cuba, teremos todo o dereito a sospeitar que o socialismo non acaba cos povos senón que os axuda. En todo caso, sorprende que o pais mais rico da terra gaste unha fortuna durante seis décadas para cercar por fame a Cuba socialista, cando Trump proclama que o socialismo é un sistema que acaba cos povos por antonomasia.
“Para nós, igual que para Venezuela e Nicaragua, é evidente que o cerco estréitase”, dixo Raúl Castro 26 de xullo en Santiago de Cuba. O Primeiro Secretario do Partido Comunista cubano resumía con estas palabras o panorama internacional resultante das políticas dos EUA caracterizadas polo desafio ao dereito internacional, a violencia, o entrometimento ou a brosma manipulación da verdade histórica.
Iroel Sánchez – La Pupila Insomne A impunidade premia o delito, induce á súa repetición e faille propaganda: estimula ao delincuente e contaxia o seu exemplo (Eduardo Galeano) Vintetrés de xuño, diario Granma publicaba unha noticia sobre a rendición de contas dos Delegados do Poder Popular aos seus electores. O texto da información daba conta de “micro-vertedoiros, contaminación sonora e maltrato á propiedade social, manterse como asuntos máis debatidos nos debates sobre indisciplinas sociais”. Decembro de 2015, outra información do diario Granma citaba máis de 100.000 mocións, no proceso de rendición de contas anterior e perto da metade “ter relación con ilegalidades e indisciplinas”.
Na portada de La Pupila Insomne, o periódico dixital cubano máis visitado, o seu director Iroel Sánchez lembra o encontro con Neira Vilas en Compostela e reproduce un artigo do cineasta Ernesto Padrón, escrito en memoria de Neira, co que coincidira na redacción da revista ZunZún na Habana. Escrebe Iroel Sánchez:
“Novembro pasado, día 27, morreu Xosé Neira Vilas, gran escritor Galego-Cubano e nobre persoa a quen tiven a honra de coñecer. Lémbroo aínda no noso derradeiro encontro, nun serán no que arrostrara un tempo ruín para vir dende a súa vila a Santiago de Compostela, á presentación do meu libro Sospechas y Disidencias. Lendo un texto da xornalista Paquita Armas Fonseca sobre as propostas para os Premios Goya da película Meñique, na que participara Neira, atopei un valioso testemuño sobre o escritor. Coido que tanto o seu falecemento, como a proposta de Meñique para os Goya, non han ter a transcendencia merecida na nosa prensa. “Quero con este texto render unha modesta homenaxe a Pepe Neira, falecido recientemente, e implicado en Meñique, di Paquita Armas, antes de citar en extenso a Ernesto Padrón, director de Meñique, a quen coñecín e de quen moito aprendín cando traballei na Editora Abril, onde el dirixía a revista ZunZún.
Reproduzo as palabras de Ernesto sobre Neira e Meñique, nesta homenaxe a que nos sumamos dende La Pupila Insomne. Máis abaixo cito as doce propostas de Meñique aos Premios Goya.
Ventil Carvalho -Terra Sen Amos A carta de Raul Castro, publicada 1 de xullo, establece con toda claridade as condicións de Cuba para iniciar a normalización cos EUA asi como o contido imprescindíbel das futuras relacións bilaterais. O levantamento do Bloqueo é asunto prévio ao que deberán seguir a solución de asuntos derivados de políticas do pasado: a restitución do territorio ilegalmente ocupado pola Base Naval en Guantánamo, o cese das transmisións radiais e televisivas sobre Cuba, que violan normas internacionais para a soberanía, a eliminación dos programas dirixidos a promover a subversión e a desestabilización internas. A carta precisa asemade que o povo de Cuba deberá ser compensado polos danos humanos e económicos provocados por las políticas dos Estados Unidos. Sobre un horizonte tan limpamente trazado, maniféstase a oposición previsíbel dos Congresistas de Miami e fundadas acusacións de incoeréncia contra Washington.