IROEL SÁNCHEZ – (Edición de TSA)
Trump di que o socialismo trae miseria e chama a todas as nacións do mundo a loitar contra tan perigoso sistema. Sabendo que Washington teima no Bloqueo dende hai 60 anos, sen conseguir mudar nin un anaco a posición de Cuba, teremos todo o dereito a sospeitar que o socialismo non acaba cos povos senón que os axuda. En todo caso, sorprende que o pais mais rico da terra gaste unha fortuna durante seis décadas para cercar por fame a Cuba socialista, cando Trump proclama que o socialismo é un sistema que acaba cos povos por antonomasia.
´´Escacharon coa risa todas as nacións representadas na Asemblea da ONU cando Trump asegurou que o seu goberno conseguira en dous anos o nunca visto –escrebe Iroel Sánchez dende La Pupila Insomne, o sitio cubano más visitado internacionalmente- e, pola contra, non se escoitaron risos cando dixo que o mundo debe loitar contra o socialismo coma causante de miseria”.
Antes do desmando de Trump, o presidente de Cuba recordara na Asemblea “que 0,7% máis rico do planeta poida apropiarse do 46% de toda a riqueza, do mundo, no entanto o 70% máis pobre ten que safar co 2,7% desa riqueza e que 821 millóns de persoas padezan fame (…) non acontece polo socialismo letal senón a causa do capitalismo”.
Iroel Sánchez pregunta: “se o socialismo produce miseria, como asegura Trump e lemos a diario na prensa hexemónica, por qué EUA impón o bloqueo e a guerra económica a Cuba y a Venezuela, estragando as condicións de vida dos seus povos? Nin sequer no pais que obtén a súa riqueza na explotación doutras nacións, está clara a superioridade do capitalismo. Un inquérito da Universidade de Harvard entre a mocidade estadounidense revelou que o 51% recusa o capitalismo”.
O xornalista de Santa Clara cita as palabras de Rafael Correa, ex-presidente do Ecuador, falando do Bloqueo a Cuba: “ver os problemas económicos de Cuba e argumentar que o seu modelo foi un fracaso é o mesmo que atopar un afogado nunha pia cos pés metidos nun bloque de cemento e chegar a brillante conclusión de que afogou por non saber nadar”.
Sánchez recorda que á brillante conclusión de achacar ao socialismo os problemas económicos do mundo, non só chegan milhomes poderosos coma Trump senon a maiioria das páxinas de opinión dos principais diarios do mundo.