Lendo nos anos mozos Os negocios do señor Xullo César, de Bertolt Brecht, chamoume a atención, e lembro ben, mália os anos, como a economía, por mor do mercado e do prezo do trigo, gobernaba a política de Roma. Probas temos abondas de cómo os mercadores de Roma levaban as rendas do goberno, mais quen diria que até no Chile actual, onde non hai a menor posibilidade de un proxecto ante-imperialista gañar o poder executivo, mandasen tamén os amos do mercado.
Terra Sen Amos – ACN 19/03/16 A Orde de Martí, a máis alta distinción da República de Cuba, foi entregada sexta feira 18 ao presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. Cuba, representada polo presidente Raúl Castro e o pleno da equipa de governo, rendeu unha homenaxe á Revolución Venezuelana mentres as comisións de ambos paises asinaron o Plano Anual de Colaboración dirixido a afortalar o intercambio comercial e económico e áreas de interese común. Cuba ratifica ao seu máis alto nivel o compromiso con Venezuela horas antes de o avión presidencial norteamericano pousar na Habana.
“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.
O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA→
Das Universidades de Cuba sairán este ano 10.500 médicos, 5.683 cubanos e 4.843 procedentes de 70 paises dos cinco continentes, entre eles os Estados Unidos. Os graduados son homes e mulleres con alto nível de preparación e de compromiso cos desposeídos do mundo. Dende 1961 até 2012, son máis de 124.700 os médicos cubanos formados nas Universidades da illa e decenas de miles os extranxeiros que cursaron estudos de medicina con bolsas integrais do Estado.
Cuba contaba con seis mil médicos na altura de 1959 pero o pais houbo de resolver con menos de tres mil o convulso periodo da primeira contraofensiva reaccionaria, despois da deserción antipatriótica dos médicos burgueses que preferiron emigrar a Estados Unidos antes de participar no proxecto de sanidade socialista emprendido pola Revolución. Contra esta traición que tan graves problemas orixinou, Cuba é hoxe o pais con máis médicos per cápita do mundo e o seu modelo de sanidade é citado como exemplo pola OMS. Seguir lendo Cuba exporta saúde e cultura cercada por un imperialismo que reparte guerra e miseria→
O bloqueo aplicado por Estados Unidos contra Cuba durante máis de medio século é unha violación masiva, rechamante e teimosa dos dereitos humanos que deixa sobre o país unha altísima pegada nos sectores máis sensibeis; ao tempo, viola o dereito da cidadanía norteamericana a manter intercambios cos seus veciños en liberdade.