Arquivo da etiqueta: Brasil

O tratado entre a UE e Mercosur ameaza o desenvolvemento industrial en Latinoamérica

Raúl Zibechi – Naiz Eus

Latinoamérica pode repetir o seu condanado papel histórico de fornecedora de materias o que compromete a opción dun desenvolvemento industrial a longo prazo. Eis o que parecen anunciar as negociacións en curso entre a Unión Europea e o Mercosur, comezadas hai 18 anos, atrabancadas durante os gobernos de Kirchner e Lula e inzadas polo monetarista Macri na Arxentina e o golpista Temer no Brasil. O principal atranco son as exportacións agropecuarias, noameadamente as de carne. A UE aceita receber 99 mil toneladas de carne do Mercosur o que vai representar só o 1% do consumo europeo.

A esforzada construción de emprego industrial en Arxentina, está baixo ameaza polo tratado coa UE. transformaciónesfor

Seguir lendo O tratado entre a UE e Mercosur ameaza o desenvolvemento industrial en Latinoamérica

A impunidade dos golpes contra América Latina que non queren ver os defensores do FMI

Iroel Sánchez – Al Mayadeen

Lendo nos anos mozos Os negocios do señor Xullo César, de Bertolt Brecht, chamoume a atención, e lembro ben, mália os anos, como a economía, por mor do mercado e do prezo do trigo, gobernaba a política de Roma. Probas temos abondas de cómo os mercadores de Roma levaban as rendas do goberno, mais quen diria que até no Chile actual, onde non hai a menor posibilidade de un proxecto ante-imperialista gañar o poder executivo, mandasen tamén os amos do mercado.

Piñera, visto polo semanario El Radical Libre.

Seguir lendo A impunidade dos golpes contra América Latina que non queren ver os defensores do FMI

O goberno de Temer invita a EUA a unhas manobras na Amazonia

Raul Zibechi – Censat.org

O goberno golpista de Temer abre as portas da Amazonia ao exército dos EUA e entrégalle os segredos da defensa da reserva biolóxica e cultural do Amazonas. O xornalista Raul Zibechi conta as alarmas que resoan no Brasil fronte a rendición do seu ben maior, cobizado polo Imperio do Norte, e espello da soberanía do pais. As Forzas Armadas Brasileiras temen que a base multinacional temporal que se vai establecer en Tabatinga (Amazonas) poida converterse en permanente, como sucedeu en Hungría en 2015.

Durante anos, Brasil preparou a defensa da Amazonia, cobizada polos EUA. Agora invita tropa do Imperio a coñecer o sistema de defensa do tesouro da soberania brasileira.

Seguir lendo O goberno de Temer invita a EUA a unhas manobras na Amazonia