Salim Lamrani – Al Mayadeen. Fidel Castro e John F. Kennedy abriran hai máis de medio século, negociacións secretas para normalizaren relacións entre Cuba e EUA. Robert Kennedy Jr., sobriño do presidente asasinado, recupera aqueles feitos e encomia a política de achegamento de Obama coma unha vía que pode facer realidade o soño do seu tío. Salim Lamrani, doutor en Estudios Ibéricos e Latinoamericanos da Sorbona-IV, é profesor da Universidade de La Reunión, xornalista e estudoso das relaciones entre Cuba e Estados Unidos. O seu último libro “Cuba, the Media, and the Challenge of Impartiality” publicado pola Monthly Review Press (2014) ten un limiar de Eduardo Galeano.
Salim Lamrani, Al Mayadeen 30.03.15 (Traducido ao Galego pola redacción de TSA)
Salim Lamrani recorda neste artigo que o líder revolucionario realizou o soño de independencia do Apóstol e Heroe Nacional José Martí, e devolveu a dignidade ao pobo.
O triunfo da Revolución en Cuba, 1 de xaneiro de 1959, produciu a máis importante transformación social da historia de América Latina. Derrocando a orde establecida e as súas estruturas, Fidel Castro puxo en cuestión o poder da oligarquía batistiana e dos grupos económico e situou ao pobo no centro do novo proxecto de sociedade ao que consagrar os recursos nacionais.
A a independencia e a soberanía tan cobizadas polo pobo cubano dende o século XIX, foi a conquista sobranceira da Revolución cubana. Por este obxectivo entregara José Martí a súa vida en 1895. Dando remate a máis de 70 anos de dominio dos Estados Unidos sobre a Illa, Fidel Castro restituiu aos cubanos a súa dignidade furtada pola intervención estadounidense na guerra de independencia de Cuba en 1898 e a ocupación militar que transformara á Illa nun simple protectorado. Non se trabucaba o presidente John F. Kennedy: “Fidel Castro forma parte do legado de Bolívar. Deberiamos dar ao afoutado mozo rebelde unha benvida máis intensa na súa hora de triunfo”[1].
Abel Prieto é ex-ministro da Cultura do governo de Fidel Castro e atual assessor para assuntos culturais; para ele, Cuba se beneficiaria de aproximação com EUA. Nascido em 1950 em Pinar del Río, ocidente de Cuba, Abel Prieto Jiménez é uma personalidade da cultura cubana. Depois de estudos em Letras Hispânicas na Universidade de Havana, ele foi professor de literatura por vários anos. Em 1988, foi eleito presidente da União Nacional dos Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), um dos mais jovens da história da instituição. Durante uma reunião com Fidel Castro em meados dos anos 1990, Abel Prieto relatou ao líder da Revolução Cubana suas divergências e declarou seus pontos de vista. Alguns pensaram que a sua carreira seria irremediavelmente afetada. Semanas depois, Castro decidiu nomeá-lo ministro da Cultura, em 1997, cargo que ocuparia até 2012. Em março de 2012, Prieto deixou o Ministério da Cultura para ser assessor especial do presidente Raúl Castro. Para o ex-ministro, Cuba se beneficiaria de uma aproximação dos EUA e, por mais que turistas norte-americanos trouxessem a cultura do consumismo pra ilha, os cubanos não perderiam sua identidade. Ainda segundo Prieto, o país tem lutado muito, especialmente na área de cultura, contra a burocracia, que classificou como “praga” que causa “dano incalculável”.
Pravda 27.01.15 “Desde o ano 2006, renunciei aos meus cargos por cuestións de saúde incompatibeis co tempo e esforzo precisos para cumprir un deber que me impuxen a min mesmo cando ingresei nesta Universidade, 4 de setembro de 1945, hai 70 anos. -explica Fidel Castro nun escrito con data de 26 de xaneiro, enviado aos seus compañeiro da Universidade da Habana que conmemoraban o aniversario do seu ingreso- Non era fillo de obreiro, nin carente de recursos materiais e sociais para unha existencia relativamente cómoda; podo dicir que escapei milagrosamente da riqueza. Moitos anos despois, o norteamericano máis rico, sen dúbida moi capaz, con case 100 mil millóns de dólares, declarou que o sistema de produción e distribución privilexiada das riquezas convertería de xeración en xeración aos pobres en ricos, segundo o despacho dunha axencia de noticias, xoves pasado 22 de xaneiro.
A Xunta Directiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, ven de publicar un comunicado sobre o propósito do governo de EUA de renunciar ao bloqueo que causou un quebranto económico a Cuba de máis de cen mil millóns de dólares en cinco décadas. A Directiva recorda que a defensa dos dereitos humanos nunca foi a razón do bloqueo económico e que, fracasada a política belicista, o acordo diplomático abre o camiño a un novo tempo. Asina o comunicado Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”.