El Gallego Fernandez, finado na Habana dia 7, pasaba dos 95 e fora vice-presidente de Cuba durante todo o periodo especial e ainda máis. Un tempo no que o Bloqueo agravado inzaba Cuba de problemas e emerxencias diarias, mentres os socios da Unión Europea deixábanse querer polos EUA para colaboraren nunha chamada ofensiva derradeira contra a Revolución. Neses anos El Gallego foi embaixador extraordinario na Galiza en trece ocasións, en boa sintonia cos gobernos de coalición na Xunta e excelente con algúns concellos e deputacións. No entanto, a fachenda da Xunta do PP non se correspondia cos votos do partido a prol do cerco a Cuba na Comisión da UE. Difícil tratar con paternalismo a alguén tan circunspecto e prudente coma este Heroe da Revolución que abriu discretamente a porta a unha etapa superior das históricas relacións galego-cubanas.
O XVIII Encontro Continental de Solidariedade con Cuba celebrado en Boinj, Eslovenia, do 23 ao 25 de novembro, deu a coñecer seus acordos entre os que salienta a condena do Bloqueo, a clausura da base de Guantánamo e a súa restitución a Cuba, o cese dos programas de axitación de EUA contra a illa, a indemnización polos danos causados polo cerco económico e político a Revolución Cubana en case 60 anos. A Asemblea produciu un manifesto acordado nos seguintes termos: “As 65 persoas que representamos 33 organizacións e asociacións de amizade e solidariedade con Cuba, procedentes de 24 países de Europa e participantes no XVIII Encontro Continental de Apoio ao Pais Irmán de Cuba, celebrado en Eslovenia do 23 ao 25 de novembro del 2018, dando cabo as sesións de traballo, asinamos a seguinte DECLARACIÓN:
Gustavo Machin, embaixador de Cuba en Madrid, pregunta que pais do mundo non se defendería dunha agresión coma a dos EUA, dirixida a acabar co governo e as leis da illa e a promoción económica de opositores. Nunha entrevista para a Cadena Ser en hora de máxima audiencia, co gallo da viaxe de Pedro Sánchez a Habana, dia 22, o embaixador quixo saber en que outro pais abordaran a redacción dunha nova Constitución mediante un debate democrático de base que implicaba a sete millóns de votantes en Cuba e a outros dous na emigración e preguntou se esta consulta non era acaso un exercicio democrático. É a primeira vez que unha cadea privada comercial ignora o que a información dominante chama oposición interior e inquire ao representante de Cuba sobre unha obxección da Comisión de Dereitos da Unión Europea.
Nikki Haley, embaixadora de Trump na ONU, comentou que ver Cuba recibir os votos de todo o mundo na Asemblea Xeral, un verdadeiro clamor para a vergoña do Bloqueo rematar, carecía da menor importáncia porque Washington, convencido de ter a razón, ignora o que é a vacilación nin a vergoña. Toda a Asemblea votou contra as recomendacións e intereses caciquís dos EUA, nunha soidade agraviada polo resultado nulo da estratexia de Haley, na véspera da votación, coa súa equipa a petar portas ao abrente por meter de limosna un feixe de votos de sospeita de Cuba non cumprir algún regulamento. Haley xa formalizara a súa renuncia a representar EUA na ONU, e na súa derradeira encarga, antes da despedida de fin de ano, procuraba, á desesperada, un xeito calquera de estorbar a razón manifesta de Cuba.
Trump di que o socialismo trae miseria e chama a todas as nacións do mundo a loitar contra tan perigoso sistema. Sabendo que Washington teima no Bloqueo dende hai 60 anos, sen conseguir mudar nin un anaco a posición de Cuba, teremos todo o dereito a sospeitar que o socialismo non acaba cos povos senón que os axuda. En todo caso, sorprende que o pais mais rico da terra gaste unha fortuna durante seis décadas para cercar por fame a Cuba socialista, cando Trump proclama que o socialismo é un sistema que acaba cos povos por antonomasia.