Axencias de Cuba – Terra Sen Amos
Venezuela expresou hoxe a súa absoluta solidariedade e apoio incondicional a Cuba, mentres a illa lida contra unha caída do sistema eléctrico por causa dunha avaría na central termoeléctrica Antonio Guiteras, de Matanzas. Para o goberno bolivariano esa situación é consecuencia da “cruel intensificación da guerra económica e acoso de parte do goberno dos EUA contra Cuba a través da aplicación dun cerco económico, financeiro, comercial e político e da diaria procura conspirativa dunha paralización do sistema de produción de enerxía que poda inzar o descontento.Sendo a conversión térmica a partir de hidrocarburos o sistema herdado de xeneración de enerxía de Cuba, o goberno socialista procura dende hai anos a diversificación de fontes e a sincronización integral do sistema con resultados positivos, incomparábeis no continente.
A República Bolivariana ten acudido a todos os esforzos, que de maneira heroica realiza o goberno e o pobo de Cuba, por mitigar os impactos das criminais e medidas coercitivas unilaterais, que buscan o castigo colectivo. Venezuela coida que o cerco enerxético a Cuba “representa un crime de lesa humanidade en contra da valerosa nación revolucionaria” e ao tempo recorda que Cuba conta “con todo o apoio da Revolución Bolivariana para enfrontar esta situación e superala, como ten a certeza de que así vai suceder”.
O Goberno bolivariano exhortou á comunidade internacional, especialmente á latinoamericana e caribeña, a mobilizarse en apoio a Cuba e condenar de resoltamente o bloqueo. Nese sentido, esixiu o retiro inmediato de Cuba da infausta lista unilateral de países acusados polos EUA de apoiaren o terrorismo, falso cartaz de Nacións Inimigas da Humanidade que agrava o bloqueo e encirra as dificultades económicas.
Nun recente artigo publicado en Resumen Latinoamericano, Raúl Capote, experto crítico da longa conspiración imperialista contra Cuba, ironiza cos inxenuos defensores da privatización, predicada polos media da Contra que idealizan os servizos da Compañía Cubana de Electricidade, a mesma empresa colonial de marca gringa que cobraba prezos astronómicos e tiña a metade da poboación de Cuba non con apagamentos, senón na escuridade de por vida, sobre todo no medio rural.
“Se queren –di Capote- poden preguntar en Porto Rico por LUMA ENERGY e os tremendos apagamentos que producen dende hai anos, pola cobiza rentista da empresa privada, ou vaian a Ecuador para saberen de apagamentos de máis de 10 horas, malia estaren libres de guerra económica e do bloqueo”.