Delia Louro NEP ( Nova York)
“O presidente dos EUA non é quen de dar nin unha só razón da sua guerra económica xenocida contra Cuba nin de explicar o castigo contra o noso pobo e repite na ONU que Cuba representa una ameaza; a mentira é a arma dos que negan o dereito a libre determinación do pobo cubano”, declarou hoxe Diaz Canel ao pé da retórica anticubana de Trump na Asemblea da ONU que deu lugar á delegación de Cuba a protestar co abandono do hemiciclo. O presidente de Cuba ratificou a vontade do pobo de Cuba a defender a súa soberanía e contestar a espiral asasina do bloqueo decretado pola Casa Banca. “Cuba non é ameaza de ningunha clase; o Bloqueo si!”

Bruno Rodríguez, ministro de Estado que preside a delegación de Cuba no plenario da ONU, salientou que seguirán a loitar pola paz e a resistir a ofensiva do goberno dos EUA por facer da arcaica Doutrina Monroe un recurso anovador para o século XXI. “A militarización imperialista como instrumento de dominación, baixo o pretexto de combater o narcotráfico ou o inexistente narrcoterrorismo, os aranceis de castigo que violentan a economías de varios países da nosa rexión; as insidias e ameazas encamiñadas a botarmos fóra da condición de aliados para nos convertir en adversarios. Cualificou de teimosa a ofensiva do goberno dos EUA encamiñada a debilitar os mecanismos de concertación e integración que tanta atención e solidariedade nos custara construír.”
E neste panorama de guerra, o pais con máis armas do planeta “lanza unha multiplicación insólita e xenocida do bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba; incluído un cerco enerxético equivalente polos seus efectos a un bloqueo naval, que é un Acto de Guerra segundo o Dereito Internacional, e agrava ainda as chamadas sancións secundarias, violenta ofensiva comunicacional acomapñada pola ameaza sistemática de agresión militar.”
“Negana Cuba o acceso a combustibeis e ao tempo disparan ameazas e impedimentos de todo xénero para impedir a chegada de navieras e contedores, un cerco obxectivo e ilegal que bloquea o aceso a alimentos, medicamentos e instrumental médico, mesmo que foran contratados dentro das lei de comercio polo sector privado. Cuba é obxecto dun acto de xenocidio, tipificado como castigo colectivo e violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos das cubanas e cubanos, do Dereito Internacional e da Carta das Nacións Unidas”.