Arquivo da etiqueta: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

Valentín Alvite.

En datas recentes, a axencia norteamericana Associated Press deu noticia de o Goberno de EE UU financiar en Cuba a rede social Zunzuneo, unha especie de “twitter” destinado a crear unha situación similar á “Primavera árabe” para provocar un cambio político na Illa. A citada axencia informa de o Goberno estadounidense recoñecer a existencia dese proxecto, que tivo un custo de varios millóns de dólares.

Se a finalidade de Zunzuneo é difundir as bondades do sistema político de EE UU, existe un modo de logralo sen causar ningún gasto aos contribuíntes: invitar os cubanos a visitar a base norteamericana de Guantánamo. Unha imaxe vale máis que mil palabras. Os visitantes poderían coñecer en detalle un modelo de estrito respecto aos dereitos humanos: nese recinto militar, desde 2001, centenares de presos sen acusación soportan as máis crueis torturas. Seguir lendo A rede Zunzuneo e as leccións de democracia

AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

TERRA SEN AMOS/Redación.

Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), presentou tres preguntas parlamentares ao Goberno Galego, sobre “Zunzuneo”, a rede social criada e financiada polo Goberno dos EEUU para conspirar contra o Goberno e o ordenamento legal de Cuba.

Vázquez inquire á Xunta se dispuña información sobre a inxerencia da rede Zunzuneo contra as Leis de Cuba e pregunta ao Goberno Autonómico se comparte o ilegal bloqueo e a diaria conspiración do Goberno de Washington contra Cuba.

O deputado quere saber se a Xunta coñecía a participación de Yoani Sánchez na rede Zunzún, na altura de intervir en actos públicos en Galiza que contaron coa atención preferente de medios oficiais. Seguir lendo AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

A FRANCISCO VILLAMIL DENUNCIA A VIOLENTA OFENSIVA DA REACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA BOLIVARIANA

TERRA SEN AMOS/Redacción

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ven de denunciar nun comunicado a onda de violencia exercida estes dias pola oposición contra o Goberno Democrático de Venezuela.

A “Francisco Villamil” recorda na súa nota que “está a producirse a enésima reiteración do intento de derrubar violentamente os gobernos chavistas democraticamente elixidos”.

“A oposición venezolana -prosegue o comunicado- nunca aceptou as súas sucesivas derrotas nas urnas. Por esa razón, organizou o fracasado golpe de estado de abril de 2002 contra o presidente Hugo Chávez, elixido en 2000 co 59,76% dos votos. Nese complot, estaban implicados as cadeas privadas de televisión e destacados líderes como Henrique Capriles e Leopoldo López, datos facilmente verificables en abundantes vídeos colgados en Internet”. Seguir lendo A FRANCISCO VILLAMIL DENUNCIA A VIOLENTA OFENSIVA DA REACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA BOLIVARIANA

A GALEGO-CUBANA COLABORA NOS ENCONTROS DE LONDRES E WASHINGTON SOBRE OS CINCO

TERRA SEN AMOS/ MERCHI SANTIAGO-CUBAINFORMACIÓN

Dous encontros internacionais sobre Os Cinco reunirán en Londres e Washington xuristas de todo o mundo para promover novos recursos e dar conta da ocultación de probas por parte da xustiza norteamericana contra os anti-terroristas cubanos. Raimundo Pino, responsábel do ICAP para o Estado Español, anunciou en Santiago que esperaban contar con xuristas de Galiza nos dous novos debates internacionais. Seguir lendo A GALEGO-CUBANA COLABORA NOS ENCONTROS DE LONDRES E WASHINGTON SOBRE OS CINCO

CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO

MERCHI SANTIAGO – TSA

Sábado 1 de febreiro, amigas e amigos e Cuba, honraron a memoria de José Martí con flores, música e verbas de recordo e honra do Heroe Nacional de Cuba no seu cento sesenta e un aniversario. A convocatoria foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, diante da estatua de Martí en Vigo, obra do escultor cubano René Negrín, donada ao Concello pola Asociación en 1989.

En representación da “Francisco Villamil”, o presidente da Directiva, Valentín Alvite, realizou unha breve semblanza do líder do movemento independentista cubano na época colonial. Así mesmo, aludiu á súa enorme relevancia como iniciador do Modernismo, como xornalista e como pedagogo. Concluíu sinalando a coherencia que sempre mostrou entre as palabras e os actos, coherencia que el mesmo sintetizaba no seu lema “Facer é a mellor maneira de dicir”.

Seguir lendo CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO