Arquivo da etiqueta: Jimmy Carter

O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

Juventud Rebelde – Terra Sen Amos

O profesor italo-norteamericano Piero Gleijeses, estudoso da colaboración internacionalista de Cuba en África, vai presentar na Habana un completo traballo sobre a decisiva colaboración do goberno revolucionario cubano na derrota do colonialismo racista en Sudáfrica, Namibia e Angola. O seu libro Visións da Liberdade: A Habana, Washington, Pretoria e a loita polo sur de África 1976-1991 corrobora e afonda con fontes sudafricanas, norteamericanas e cubanas un ensaio histórico seu publicado en 1997 co título Misións en Conflito, A Habana, Washington e África 1959-1976. O historiador da Universidade John Hopkins de Washington, afirma que «non existe ningún país na historia moderna que exercera por un tempo tan dilatado unha política exterior tan altruísta e valente como a da Cuba Revolucionaria». Afírmao coa certeza de quen desde comezos da década de 1990 investigou a fazaña cubana en África. Gleijeses non se deu por satisfeito co seu primeiro e revelador libro e e entrega agora unha investigación completa. Asegura que no seus primeiros contactos co tema, tiña unha visión moi positiva sobre a política cubana en África, pero receaba de posíbeis fallas e erros. “Agora -asegura o historiador- a miña opinión é máis positiva, logo de 18 anos de indagacións que me permitiron coñecer algo único no mundo como é o sentido da nobreza da política exterior de Cuba”. O teimudo e acucioso investigador, asegura que necesitaba documentos oficiais de todos os implicados na guerra para poder certificar a heroica intervención, “porque nun mundo onde hai tanta xenreira e mentiras contra Cuba, non se pode depender só de entrevistas, pois recusaríanas coma opinións falsas”.

O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989
O povo de Angola despide aos soldados de Cuba en 1989

Seguir lendo O protagonismo cubano en Angola e Namibia, documentado con arquivos do Apartheid e de EUA

A FRANCISCO VILLAMIL DENUNCIA A VIOLENTA OFENSIVA DA REACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA BOLIVARIANA

TERRA SEN AMOS/Redacción

A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ven de denunciar nun comunicado a onda de violencia exercida estes dias pola oposición contra o Goberno Democrático de Venezuela.

A “Francisco Villamil” recorda na súa nota que “está a producirse a enésima reiteración do intento de derrubar violentamente os gobernos chavistas democraticamente elixidos”.

“A oposición venezolana -prosegue o comunicado- nunca aceptou as súas sucesivas derrotas nas urnas. Por esa razón, organizou o fracasado golpe de estado de abril de 2002 contra o presidente Hugo Chávez, elixido en 2000 co 59,76% dos votos. Nese complot, estaban implicados as cadeas privadas de televisión e destacados líderes como Henrique Capriles e Leopoldo López, datos facilmente verificables en abundantes vídeos colgados en Internet”. Seguir lendo A FRANCISCO VILLAMIL DENUNCIA A VIOLENTA OFENSIVA DA REACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA BOLIVARIANA

Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009

Alejandro Ruiz – Venezuela Cantaclaro

O Índice Global de Paz (IGP) elaborado anualmente polo Instituto de Economía e Paz ven de presentar na ONU a súa edición de 2009 na que se revela que Cuba ten mellores indicativos de benestar ca os Estados Unidos: Cuba ocupa o lugar 68 mentres Norteamerica aparece no 83.

O Indice analisa en cada país 23 indicadores que permiten avaliar a educación, a asistencia médica, o benestar material, a criminalidade, a corrupción política, a estabilidade social, a confianza na representación e a atención obxectiva aos problemas detectados na sociedade así como a democracia medida en canto a posibilidade real de intervir no governo colectivo. No estudo é de capital importancia a opinión da cidadanía de cada país ao repeito da liberdade de prensa, o pluralismo político, o benestar económico, a liberdade da iniciativa privada, a opción relixiosa en liberdade plena e o respeito polos dereitos fundamentais. Seguir lendo Os indicativos de Cuba superan aos dos EE UU no Indice Global da Paz de 2009