“A PANTASMA DO NEOFASCISMO PERCORRE O MUNDO” (Manifesto da Casa das Américas)

Caricatura de Marco Rubio por Destok

Unha pantasma percorre o mundo: a pantasma estarrecente do neofascismo; unha pantasma presente mesmo na festa deportiva rachada da que moitos esperaban que abrise un receso (ainda coma unha distración fuxidía e artificial) nos horrores do mundo.

Quen antes se decatara fora Omar Artan, primeiro somalí escollido para arbitrar unha Copa do Mundial de Fútbol, ao ver que lle recusaban o ingreso EUA, un dos países anfitrións. Era só un adianto das restricións de visado que seguiron impoñendo os EUA ao conxunto iraniano, así como o racismo padecido por futbolistas e equipas, que ten a súa expresión delirante nos ataques racistas da dereita internacional contra Francia polo feito de os seus xogadores representat a variedade cultural e étnica da sociedade gala actual.

Nin puideron os trumpistas esperar que a festa deportiva rematase para anunciar que nestes días da final terá lugar un cume anti-terrorista co fin de interviren contra “a ondavextremista mundial e e as redes violentas da esquerda radical”. O magno concilio será arbitrado por Marco Rubio, ministro de Estado dos EUA, que anuncióu a participación de máís de sesenta países.

O socorrido recurso fascista de orquestar o terror contra unha ameaza vermella non é máis que un vello pretexto para xustificar a represión e a barbarie, xusto na altura na que América Latina e o Caribe asisten a unha carreira de candidatos de ultradereita resoltos non só a desmantelar programas progresistas, senón a serviren asemade de escudeiros da axenda imperial.

No chamamento lanzado dende o Departsmento de Estado, Rubio fai do terrorismo un pretexto para o goberno ao que pertence poder actuar sen interferencia legal ningunha no case de “asasinatos, secuestros e ameazas dirixidas contra instalacións e forzas da orde e para facer fronte a ataques contra a infraestrutura crítica, persoal militar e poboación civil”.

Temos a obriga de tomárnolo moi en serio. Cando o goberno dos EUA e os seus secuaces invocan Lei e Dereitos Humanos, o que anuncian de feito é unha carreira de abusos disfrazada de imperio da Lei; ao pronunciare a palabra terrorismo, o que ven detrás é o Plan Cóndor, a tortura, os desaparecidos a moreas, como ben sabe América Latina; ou bombas e caos, como os que padecen outras partes do mundo.

Por experiéncia sabe Cuba a tráxica realidade que acompaña a esa cínica estratexia imperial vestida de anti-terrorismo que deixou na súa conta unha dramática lista de mortos e mutilados, e danos materiais para parar de contar.

América Latina, o Caribe, e o propio pobo estadounidense coa intervención do seu mundo intelectual e dos seus movementos sociais e sectores identificados cos máis elementais dereitos á dignidade, a soberanía e a xustiza, somos quen debemos enfrontar a nova e ameazante ofensiva neo-fascista.

Manifesto da Casa das Américas,

Habana, 13 de xullo de 2026

(Versión en Galego para TSA de Sela María Estrada, Universidad de Florida (Gainesville)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *