Gerardo Hernández Nordelo (Habana, 1965) graduado do Instituto Superior de Relacións Internacionais de Cuba, sentenciado a dúas perpetuas e 15 anos de cadea a maiores por un tribunal dos EUA, recibiu dia 20 na embaixada de Cuba en Madrid a homenaxe da solidariedade. Das dúas vidas a que fora condenado, polo seu heroico traballo de prevención do terrorismo contra o seu país, Gerardo houbera de padecer 16 anos de encerro. En Madrid dixo que a súa liberación debíase a solidariedade de todo mundo, levantada coma un poderoso vento de deserto que inzou de vergoña a pretendida moral democrática do Imperio. Dentro da protesta universal polo castigo aos heroes contra o terrorismo, Gerardo honrou en Madrid a activa amizade con Cuba no Estado.
A recuperación de embaixadas con Washington, honra a integridade e coerencia cubana en máis de medio século, mais non cesa a conxura de Estados Unidos e a UE para acabar co exemplo de Cuba Revolucionária, faro dos povos oprimidos. A solidariedade con Cuba reafirmóu en Zaragoza o seu respaldo e asistencia ao exemplo cubano: “En Cuba -precisa a declaración de Zaragoza- Patria significa Humanidade, e a súa man para as causas xustas, non coñece fronteiras: máis de 50.000 profisionais da saúde e a educación repartidos polo mundo, traballando nas extremas da pobreza e o malpasar do planeta, son embaixadores da solidariedade cubana”. A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, que está a celebrar o seu o XXX Aniversário, estivo representada en Zaragoza.
Do 12 ao 14 de xuño, o XIII Encontro de Solidariedade do Estado Español con Cuba, contóu coa presenza en Zaragoza de 182 militantes de 46 entidades solidarias e a compaña excepcional de Fernando González, parte e representación dos Cinco Heroes Cubanos que foran presos en EEUU contra toda razón e xustiza; o Asesor do Consello de Estado e ex-ministro de Cultura, Abel Prieto; o ex-ministro de Economía de Cuba e actual asesor do Centro de Investigacións da Economía Mundial, José Luis Rodríguez; a Directora do Centro de Investigacións Psicolóxicas e Sociolóxicas da Habana, María Isabel Domínguez; o Vicepresidente Primeiro do Instituto Cubano de Amizade cos Povos, Elio Gámez e o embaixador de Cuba en Madrid.
Varias organizacións políticas e sociais galegas reclamaron onte en Pontevedra a liberdade para os cinco patriotas cubanos presos inxustamente en Estados Unidos.
Reunidas onte na Praza da Peregrina en Pontevedra, vintedúas formacións esixiron a liberación de Antonio Guerrero, Fernando González, Gerardo Hernández, Ramón Labañino e René González. Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, relatou o caso dos cinco anti-terroristas no intre de cumpriren quince anos de privación de liberdade en cadeas norteamericanas. Seguir lendo VINTEDÚAS ORGANIZACIONS POLÍTICAS RECLAMAN EN PONTEVEDRA A LIBERDADE DOS CINCO HEROES CUBANOS E O CESE DO BLOQUEO→
Estados Unidos extende por tres anos o castigo de René González Sehwerert, logo de franquearlle a porta da cadea de Marianna, na Florida, e imporlle liberdade condicional dentro de fronteiras.
Despois de dar cabo a totalidade dunha infamante condena, González non pode ver a súa esposa nin a súa nai, ás que o Goberno norteamericano nega permiso de entrada.
“Pese a ledicia de poder cruzar agora os muros da cadea na que o tiveran 13 anos, René precisa os aires de liberdade de Cuba” sinalou na illa a muller de González, Olga Salanueva. Na porta da cadea, agardaban a René ás 4,30 da madrugada da Sexta, as súas fillas Irma e Ivette, o seu irmán, Roberto, e o seu pai, Cándido, acompañados do advogado Phillip Horowitz. Seguir lendo René González liberado en condicional coa obriga de permanecer tres anos máis nos Estados Unidos→
A Federación Sindical Mundial (FSM) reclama da ONU intervir perante os Estados Unidos para a urxente liberación dos Cinco revolucionarios cubanos que están a piques de cumpriren trece anos de castigo nas cadeas norteamericanas. A organización obreira mundial entende que Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU debe instar ao presidente Obama para que este produza un indulto que poña fin a inxusta tortura de cinco persoas condenadas nos Estados Unidos por teren impedido a violencia asasina no seu propio país.
O texto da resolución fora proposto ao XVI Congreso da FSM pola delegación do sindicato canario Intersindical Canaria, organización de traballadores e traballadoras activamente implicada dende o seu comezo na campaña internacional pola liberación dos Cinco. A Asemblea da FSM, refrendou a carta como aportación á Campaña Europea por Un Millón de Asinaturas para a Liberdade dos Cinco, o que suma de feito os votos dos douscentos delegados do continente europeo aos seiscentos do resto do mundo. Seguir lendo A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"