Prensa Latina – Terra Sen Amos
Cuba está disposta a compartir a experiencia clínica de ser o primeiro pais en evitar a a transmisión de SIDA e Sífile de mai a fillo. La Organización Mundial da Saúde (OMS) entrega ao sistema público de saúde cubano a primera validación internacional contra a transmisión perinatal dos dous andazos, unha clínica devecida dende hai anos polas multinacionais da farmacia norteamericanas, británicas, canadianas e suizas. Anunciando o histórico avance, o ministro de Saúde Pública, Roberto Morales Ojeda, reafirmóu o compromiso da Revolución de seguir axudando a outras nacións no acceso e cobertura universais de asistencia médica para a defensa contra a enfermidade. A declaración do responsábel cubano da saúde chegou como resposta ao recoñecemento oficial da Organización Panamericana da Saúde (OPS) da OMS e da UNICEF.
Arquivo da etiqueta: lei Helms-Burton
Os resultados da reforma económica cubana superan aos da conversión capitalista dos ex-CAME de centro-Europa
Terra Sen Amos-Redacción
Os cubanólogos dos EUA anunciaran o fin do socialismo cubano despois da caida do CAME (Consello de Axuda Mutua Económica) comezos dos 90. Vintecatro anos despois, non se cumpriu nin un só dos agoiros sobre Cuba daqueles analistas, acubillados nas universidades norteamericanas. Emily Morris, profesora do Instituto das Américas do University College de Londres repasa nun artigo publicado na New Left Review o completo fracaso daquelas arrogantes prediccións, malia ser Cuba o país máis afectado pola desaparición do mercado común dos paises socialistas e ter que aturar as consecuencias dun bloqueo que dura 53 anos.
René Vazquez Díaz critica a preferencia de Suecia por una disidencia cubana irrelevante e oportunista
Terra Sen Amos-Redacción-
“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco. O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.
Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana
A Administración Norteamericana confiscou ao coruñés Xavier Carvajal o pago das mensalidades da escolarización dos seus dous fillos, de 6 e 4 anos, nun colexio da Habana.
Estados Unidos levou a efeito esta intervención, contraria a toda norma internacional entre países amigos, coa aplicación da Lei Helms-Burton, subtitulada “Lei de Liberdade Cubana e Solidariedade Democrática” aprobada o 1 de marzo de 1996.
A edición galega de El País do dia 30 de Janeiro, deu noticia da confiscación ilegal da transferência. O autor da información, Xosé Manuel Pereira, sinala que o pago dos recibos dun colexio pode devir “asunto sensibel de política internacional” por mor do bloqueo decretado por Norteamérica contra Cuba. Seguir lendo Norteamérica confisca o pago dos recibos dun coruñés a un colexio da Habana
O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club
Cubainformación.
Unha sentencia do Tribunal Supremo impide á empresa Bacardí-Martini falsificar a marca de ron Havana Club, propiedade do Estado Cubano e comercializada en asociación coa compañía francesa Pernod-Ricard. O Tribunal confirma sentencias de instancias previas que denegaban á Bacardí-Martini todo o dereito sobre a marca cubana.
O reaccionario grupo de presión cubano-norteamericano leva dezasete anos tratando de violentar a norma internacional sobre marcas e os acordos da OMC e animando á empresa Bacardí-Martini a se apropiar dunha etiqueta que nunca foi da súa propiedade baixo o amparo da prepotente Lei Helms-Burton e mediante o desafío da soberanía e as normas de cada país.
A rede internacional de solidariedade con Cuba, asi coma as asociación da emigración cubana en Europa promoven a intensificación da campaña “Bacardí, un mal trago” despois desta noticia que confirma que Bacardí-Martini viola a Lei no que se refire á prestixiosa marca nacional cubana Havana Club. Seguir lendo O Tribunal Supremo impide a Bacardí a falsificación da marca Havana Club