Terra Sen Amos-Redacción-
“Non lle parece que xa é ben hora dun cambio na política de Suecia con respecto a Cuba?” René Vázquez Díaz, escritor cubano residente en Suecia, dirixe esta pregunta nunha carta publicada no xornal ETCMalmö a Margot Wallström, ministra de Asuntos Exteriores do governo sueco. O autor e enxeñeiro cubano ironiza sobre a recomendación oficial sueca de non dialogar co Governo da Habana e tratar pola contra aos disidentes coma amigos. “Por que non fai Suecia o mesmo con Arabia Seudita? O réxime de Riad viola todos os dereitos humanos pero Suecia trátao coma socio comercial de confianza”, di Vázquez.
Acaso vai Suecia desautorizar ás mulleres cubanas que asumen cargos e representación pública, pregunta máis adiante a carta, porque “dos postos políticos a nivel provincial, en Cuba o 50,5% ocúpano mulleres e no Consello de Estado o 42 %; o 63% da matrícula universitaria é feminina e secomasí o 60% dos postos técnicos e profisionais e o 53 % dos investigadores científicos cubanos. Na Asemblea Nacional son o 48,86 %, o que significa que Cuba alcanzou a paridade homes-mulleres no parlamento, sen necesidade dunha lei de cotas obligatorias. A vicepresidenta do parlamento é unha muller. Seica non son dignas de diálogo por defenderen o tipo de sociedade en cuxo mejoramiento están comprometidas?”
O asinante da carta recorda as palabras de Jonathan Farrar, ex xefe da Oficina de Intereses de Estados Unidos na Habana, sobre os chamados disidentes: “Moitos grupos de oposición son dominados por individuos arrogantes incapaces de traballaren en equipo; non hai evidencias de as organizacións disidentes principais teren proxección popular; as organizacións de oposición non dan conseguido un mínimo de unidade de obxectivos; o que fan é estragar esforzos por se faceren trampas entre eles mesmoss. Mália súa pretensión de representaren a milleiros de cubanos, a Oficina de Intereses de Estados Unidos a penas vé evidencias de tal apoio. O consello dos diplomáticos estadounidenses aos líderes disidentes para adaptaren medios e fins non obtén respostas. Pola contra, os disidentes concentran o seus esforzos en obteren diñeiro”.
Vázquez inclúe na súua carta a conclusión de Farrar no seu informe oficial: “Son moi poucos os disidentes, si é que hai algún, cunha visión política aplicabel a un goberno futuro”
O relator advirte á Ministra da vergoña que suporía para Suecia dar trato preferente a un opositor coma Elizardo Sánchez de Santa Cruz. “E por riba -engade- pobo de Cuba poñeríase en contra súa se vostede decidise ofendelo con un indesexábel”.
A carta conclúe con esta descripción: “Mentres os disidentes véndense e Fidel Castro vive apacibelmente como xubilado, Cuba transfórmase e descentraliza as estruturas do Estado e a toma de decisións; a iniciativa privada medra, así como o mercado de automóbeis e de casas, as cooperativas agrícolas son máis numerosas e moitos campesiños cultivan ecolóxicamente; a povoación pode viaxar libremente. A élite económica estadounidense desexa unha normalización do comercio con Cuba. A Unión Europea procura unha base estabel para mellorar as relacións co governo cubano. John Kerry recoñece a impresionante contribución de Cuba na loita contra o ébola. Na nova América Latina, o Goberno de Cuba goza de grande autoridade”.
Vázquez recorda que no entanto Estados Unidos mantén o seu campo de prisioneiros en Guantánamo, na mesma illa que din querer liberar. “É hora de falar da Lei Helms-Burton, señora Ministra, que criminaliza ás empresas e individuos que comercian con Cuba. O seu obxectivo é formar o futuro político da Illa estrangulando económicamente ao seu pobo. Pese ao bloqueo, a mortalidad infantil en Cuba é a máis baixa das Américas, 4,6 por cada mil nados vivos e Cuba é o único país de América Latina que eliminou a desnutrición infantil. Non debería Suecia soster un diálogo profundo co Goberno cubano? A Axencia Sueca de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, ASDI, non debería restablecer a cooperación con Cuba?”