“Denuncia dun Crime”: crónica do xuizo do bloqueo no tribunal internacional constituido en Bruxelas

Prensa Latina – TSA

“Denuncia dun Crime” é o título do libro que ven de editar a editorial Ocean Sur coa aportación do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP)  que contén o dietario integral das deliberacións do Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba, reunidoen Bruxelas, fins de 2023.  O rexisto reúne alegacións fiscais, testemuños, probas, argumentos de especialistas e a sentenza do xuicio celebrado 16 e 17 de novembro último en Bruxelas, Bélxica, coa participación de maxistrados de prestixio internacional e de integrantes de organizacións de xuristas de Europa e os EUA.

Presentación de “Ocean Sur” na Habana, coa presencia do director do ICAP, técnicas da sanidade e xuristas participantes no xuizo de Bruxelas (Foto de Prensa Latina)

O presidente do ICAP, Fernando González, encomia  o alto valor xurídico do texto que o converte en ferramenta útil para o estudo, difusión e reclamación fundada e rigurosa contra a criminal política de asfixia económica, coa que os EUA buscan subverter o proceso revolucionario de Cuba.

Para González Laxe, heroe da República e presidente do ICAP, as páxinas do libro condensan as razóns expresadas en todo o arco político europeo en oposición ao bloqueo de Cuba que ven de superar os 60 anos e establece unha marca inigualada na historia contemporánea de agresión contra o dereito básico, garantido polo dereito interncional e refrendado anualmente por aclamación na Asemblea Xeral da ONU. A poboación da illa renega do cerco dos EUA e confirma a ilegalidade e natureza criminal desas medidas de bloqueo, acrecentadas con outras como a inclusión da nación caribeña no ilegal rexistro de países que foran considerados promotores do terrorismo, por decreto do goberno de Washington

Presentando o libro, o presidente da Unión Nacional de Xuristas de Cuba, Alexis Guinarte, salientou que o fallo condenatorio do Tribunal denuncia o atentado que representa o bloqueo contra a vida, a liberdade e os dereitos e a dignidade das persoas, circunstancias que sirven de base ao xurado para a cualificación de crime contra a humanidade e para reclamar a súa abolición inmediata con indemnización ao Estado cubano.

A directora de Inmunología Tumoral do Centro de Inmunología Molecular de Cuba, Belinda Sánchez, resumiu na presentación do libro aspectos da súa intervención no xuizo onde expuxo o impacto do cerco estadounidense sobre o traballo diario dos científicos da illa. Dixo que a persecución de Washington atranca, encarece e impide a adquisición de equipa e materiais e a provisión de gastos precisos para investigar e producir medicamentos;  asemade dificulta o acceso a documentación e aos necesarios intercambios de saberes e experiencias, con efecto negativo para o intercambio científico.

O carácter criminal das interferencias dos EUA quedou ben a vista  durante a loita contra a pandemia da Covid-19 ao subir de escala o bloqueo contra os esforzos de Cuba por adquirir equipamento e materias primas para o desenvolvemento das súas vacinas.

O libro Denuncia dun Crime. Memorias do Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba, Bruxelas 2023 é de libre acceso en español e inglés, na páxina de Ocean Sur: HTTPS://www.oceansur.com.npg/evm

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *