Terra Sen Amos, con información da Presidencia Bolivariana e de Resumen Latinoamericano.
Nicolás Maduro, que librou sábado dun intento de asasinato no centro de Caracas con bombas lanzadas con abesouros dirixidos mentres pronunciaba un discurso, apareceu pouco depois na televisión e dixo que no comando homicida participara a oposición venezolana e a ultra-dereita de Miami e Colombia, con mención expresa de responsabilidade do presidente sainte Juan Manuel Santos.
Fidel Castro suma seus parabéns aos que procedentes de todo o mundo honraran o discurso de Nicolás Maduro na noite das eleccións: “Únome aos que celebraran o teu brillante e valente discurso na noite do 6 de decembro, apenas coñecido o veredicto dos votos”. O Líder da Revolución sitúa no nível máis alto de gloria política dun revolucionario ao Libertador de América, Simón Bolívar “un nome que xa non pertence só a ese país irmán senón que é património de todos os povos de América”. Comprendeuno ben “Hugo Chávez, oficial venezuelano de pura estirpe e admirador e seguidor das ideas de Bolivar até o derradeiro minuto da súa vida”, recorda Fidel. “De neno, asistindo a escola primária, na patria onde os herdeiros pobres de Bolívar tiñan tamén que traballaren para axudar a manter a família, medróu nel o espírito no que se formara o Libertador de América”.
“Vimos cumprir o mandado de Martí, da liberdade conquistada pola nosa man”. Raúl Castro levou ao Cumio da OEA a actualidade da longa batalla de Cuba pola soberanía e recordou a Barak Obama as fondas diferenzas políticas que os separan, coa predición de se manter no futuro nun desacordo tan grande coma a coheréncia e rigor ideolóxico da propia Revolución. En altura e dignidade de xefe de Estado que regresa para dar a OEA a coheréncia perdida por esta ao endosar durante anos o Bloqueo, Raúl renovou o compromiso universal de Cuba de diálogo e respecto mutuo. Tanto no contido anti-imperialista, coma na irónica reclamación da débeda forense da OEA por todos os anos nos que decretara o ostracismo para Cuba e a referencia de Martí e Bolívar como símbolos da liberación de América, o presidente cubano centróu toda a atención do Cumio. “Non volverán os tempos da alienación e da colonización”, avisou Raúl.
Paula Costa-Terra Sen Amos A América anti-imperialista da CELAC e a ALBA alza a súa voz contra o xenocidio de Palestina mentres a poderosa estrutura da UE, debedora dun pasado colonial e racista, pratica un silenzo favorábel ao roubo e o crime dos Estados Unidos e Israel contra a povo palestiniano.
Fidel Castro denunciara 5 de agosto nun artigo o holocausto palestiniano en Gaza. “Se o xenocidio dos nazis contra os xudeos merecera o odio de todos os povos da terra, por que coida o Estado de Israel que o mundo vai ser insensibel diante deste estarrecedor xenocidio contra o povo de Palestina?”, pregunta o líder da Revolución Cubana.Seguir lendo A América anti-colonial denuncia o crime contra Palestina e o silenzo da UE→
A Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” ven de denunciar nun comunicado a onda de violencia exercida estes dias pola oposición contra o Goberno Democrático de Venezuela.
A “Francisco Villamil” recorda na súa nota que “está a producirse a enésima reiteración do intento de derrubar violentamente os gobernos chavistas democraticamente elixidos”.
“A oposición venezolana -prosegue o comunicado- nunca aceptou as súas sucesivas derrotas nas urnas. Por esa razón, organizou o fracasado golpe de estado de abril de 2002 contra o presidente Hugo Chávez, elixido en 2000 co 59,76% dos votos. Nese complot, estaban implicados as cadeas privadas de televisión e destacados líderes como Henrique Capriles e Leopoldo López, datos facilmente verificables en abundantes vídeos colgados en Internet”. Seguir lendo A FRANCISCO VILLAMIL DENUNCIA A VIOLENTA OFENSIVA DA REACCIÓN SOBRE A DEMOCRACIA BOLIVARIANA→
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"