Paula Costa-Terra Sen Amos
A América anti-imperialista da CELAC e a ALBA alza a súa voz contra o xenocidio de Palestina mentres a poderosa estrutura da UE, debedora dun pasado colonial e racista, pratica un silenzo favorábel ao roubo e o crime dos Estados Unidos e Israel contra a povo palestiniano.
Fidel Castro denunciara 5 de agosto nun artigo o holocausto palestiniano en Gaza. “Se o xenocidio dos nazis contra os xudeos merecera o odio de todos os povos da terra, por que coida o Estado de Israel que o mundo vai ser insensibel diante deste estarrecedor xenocidio contra o povo de Palestina?”, pregunta o líder da Revolución Cubana.
Nicolás Maduro presidente de Venezuela lanzaba unha convocatoria ao povo de Venezuela e a todas as comunidades internacionais da República Bolivariana para mostraren a súa solidariedade con Gaza bombardeada e sitiada.
O presidente de Bolivia, Evo Morales, anuncióu a decisión do seu governo de esixir visado aos ciudadáns de Israel, ao consideralo Estado terrorista polos seus ataques contra os palestinianos de Gaza.
De porparte, Daniel Ortega presidente de Nicaragua comparou o trato dado aos palestinianos polo goberno do Likud, co do III Reich cos xudeus na Segunda Guerra Mundial. No entanto, José Múgica declaraba en Montevideo “Israel está a cometer xenocidio en Gaza; todos teñen dereito a se defenderen, mais hai defensas inadmisibeis”.
El embaixador de Palestina en Perú, Walid Abdel Rahim, agradeceu a Ollanta Humala e ao pobo peruano as sancións diplomáticas contra o goberno sionista. O goberno de México condeou os bombardeos asasinos de Israel sobre a poboación palestina indefensa.
A do Ecuador foi unha das primeiras condenas contra a masacre, seguidas por Brasil, Arxentina e Chile.
Na Nosa América, foi decisivo o número de asinantes do manifiesto da Rede en Defensa da Humanidade, en demanda aos gobernos do mundo para esixiren a Israel o cumprimento das resolucións do Consello de Seguridade da ONU, coa obriga de se retiraren de Gaza, a Ribeira Oeste do Xordán e Xerusalén Oriental.
(Para asinar o documento visite a páxina Cuba en Defensa de la Humanidad, ou escriba a: endefensadepalestina@gmail.com)