A Asemblea da OEA devén nunha homenaxe á coherencia de Cuba

Terra Sen Amos – Redacción e axencias.

“Vimos cumprir o mandado de Martí, da liberdade conquistada pola nosa man”. Raúl Castro levou ao Cumio da OEA a actualidade da longa batalla de Cuba pola soberanía e recordou a Barak Obama as fondas diferenzas políticas que os separan, coa predición de se manter no futuro nun desacordo tan grande coma a coheréncia e rigor ideolóxico da propia Revolución. En altura e dignidade de xefe de Estado que regresa para dar a OEA a coheréncia perdida por esta ao endosar durante anos o Bloqueo, Raúl renovou o compromiso universal de Cuba de diálogo e respecto mutuo. Tanto no contido anti-imperialista, coma na irónica reclamación da débeda forense da OEA por todos os anos nos que decretara o ostracismo para Cuba e a referencia de Martí e Bolívar como símbolos da liberación de América,  o presidente cubano centróu toda a atención do Cumio. “Non volverán os tempos da alienación e da colonización”, avisou Raúl.

A homenaxe da Oea a Cuba, centróu en Raúl Castro toda a atención do Cumio da OEA.
A homenaxe da Oea a Cuba, centróu en Raúl Castro toda a atención do Cumio.


O discurso de Obama non puido exceder os límites da cortesía diplomática fronte unha asemblea que non cesaba de ponderar o mérito histórico  e a dignidade da Revolución, coas súas ideas reivindicaadas coma discurso liberador de América. “Cuba está aquí connosco porque non deixou de loitar durante 60 anos, cunha dignidade sen precedentes”, dixo unha emocionada Cristina Kirchner. Nicolás Maduro esixiu aos EUA arriar a condena contra Venezuela e construir xustiza, paz, prosperidade e igualdade. Evo Morales instou ao governo norteamericano a prescindir da política de terror, ameazas e chantaxes, dominantes nas súas relaciones co continente. O cese do Bloqueo, a inclusión social e a democracia foron para Dilma Rousef as prioridades para unha nova era de relacións hemisféricas. Rafael Correa reclamou un novo sistema de dereitos humanos, sobre todo para o continente e fixo fincapé sobre a diferenza  entre EUA e o compromiso de garantías de América Latina e o Caribe.
Perante a evidencia da homenaxe a Cuba por parte a Asemblea, incluidos os Estados Unidos, as redes da información dominante procuraron presentar a Cuba coma peregrina da bula do Dólar. Debe ser esta a primeira vez en cen anos na que a xustiza dos feitos imponse á mentira do capital.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *