Arquivo da etiqueta: Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil

CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO

MERCHI SANTIAGO – TSA

Sábado 1 de febreiro, amigas e amigos e Cuba, honraron a memoria de José Martí con flores, música e verbas de recordo e honra do Heroe Nacional de Cuba no seu cento sesenta e un aniversario. A convocatoria foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, diante da estatua de Martí en Vigo, obra do escultor cubano René Negrín, donada ao Concello pola Asociación en 1989.

En representación da “Francisco Villamil”, o presidente da Directiva, Valentín Alvite, realizou unha breve semblanza do líder do movemento independentista cubano na época colonial. Así mesmo, aludiu á súa enorme relevancia como iniciador do Modernismo, como xornalista e como pedagogo. Concluíu sinalando a coherencia que sempre mostrou entre as palabras e os actos, coherencia que el mesmo sintetizaba no seu lema “Facer é a mellor maneira de dicir”.

Seguir lendo CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO →

FESTA EN COMPOSTELA NO 55 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN

O Consulado de Cuba e a “Francisco Villamil” celebraron en Santiago o 55 Aniversario da Revolución nunha convocatoria que fixo pequeno o Salón de Mostras do Hotel Araguaney de Santiago. José Antonio Solana, Cónsul Xeral, e Valentín Alvite, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana, renovaron a histórica relación de Galiza con Cuba e deron conta do avanzo das reformas.

Asistiu unha representación completa da solidariedade internacionalista, da esquerda e do sindicalismo.

Na súa intervención, o Cónsul Xeral dixo que a boa marcha do proceso de cambios na economía de Cuba e nas leis de emigración, asi como o respaldo da comunidade internacional, contrastaban coa persistencia do bloqueo. Solana tivo palabras de gratitude para a irmandade do povo galego con Cuba, simbolizada na resolución e valentía de Francisco Villamil que renunciara a todo por defender a independenza cubana, e actualizada pola recente visita institucional do executivo de Santiago.

Seguir lendo FESTA EN COMPOSTELA NO 55 ANIVERSARIO DA REVOLUCIÓN →

ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.

O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA →

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea. Seguir lendo IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL →

ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELA

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” celebrou sábado 19 o Dia da Cultura Cubana cunha festa en Compostela.

O acto deu comezo á tardiña na Escola Ramón Cabanillas coa benvida de Valentín Alvite Gándara, presidente da “Francisco Villamil”. José Antonio Solana, Cónsul Xeral de Cuba, explicou o alto valor patriótico da festividade e celebrou a amplia resposta á convocatoria por parte de Cubanos e Galegos. Valentin Alvite dirixiuse a representantes de Nós-UP, BNG, PCP-G, EU-PCPG, PCP-EGaliza Nova e Asociación Galego-Bolivariana “Hugo Chávez” asi como a delegación do Consulado da República Bolivariana de Venezuela. Seguir lendo ALTA PARTICIPACIÓN NA FESTA DA CULTURA CUBANA EN COMPOSTELA →