Arquivo da etiqueta: Mandela

Debaten o desafío dunha “Cuba Post-Bloqueo” mentres EUA mantén o cerco

Belarmino Vázquez-Terra Sen Amos
Algúns apurados enterradores do bloqueo de EUA contra Cuba, levan a súa impaciencia a culpar a Revolución de falla de decisión e de tentación autárquica, logo de pretenderen que EUA agasallounos cun novo trato por cordiallidade democrática. Por exemplo “A Cuba post-bloqueo: nostalxia ou esperanza”, do suplemento “A Fondo” de Sermos Galiza de 12.03.15, trata a situación de Cuba depois de EUA propor o restablecimento de embaixadas. O argumento inicial ou proposta editorial do monográfico, que leva o lema “en profundidade” é que Cuba precisa “repensar o modelo” e “innovar para subsistir”, un desafío que Xulio Rios, autor do texto, chama “difícil tesitura para a supervivencia” con recomendacións que non deixan espazo para a dúbida: “buscar a eficiencia e a asunción social de responsabilidades poñendo fin ao paternalismo” ou “asumir a necesidade de experimentar fórmulas que permitan avanzar cos tempos”. A mundialmente recoñecida orixinalidade dunha Cuba pobre e sitiada, a súa capacidade para manter independenza (o Goberno Revolucionario conserva intocada a dirección do Estado e da economía dende 1959) e o seu manifesto éxito diplomático fronte un adversario armado, rico e decidido a acabar a illa por fame, son recoñecidas nun breve consello a “non perder de vista o valor das experiencias propias”,  mentres encarécenlle aprender “dos procesos de transformación doutras economías planificadas”. Tratamos de identificar as oportunidades presuntamente ofrecidas a Cuba no tempo actual: por exemplo a citada “afirmación dunha orde multipolar” configuradora “da emerxencia de novos actores que poxan polo recoñecemento da diversidade”. Se por acaso refírese á defensa da independencia da RBV, por exemplo, o dereito a se gobernar en Democracia élle negado por EUA, con claro desprezo a 19 consultas, e apenas ten menos importancia a presión imperial sobre a República Arxentina e o Brasil, paises ricos en recursos e nada a ver con Cuba á que “A Fondo” recomenda “habilidade e atrevemento a todos os níveis”. A proposta de “transcender o numantinismo” (sic) suxire unha Cuba voltada para a autarquía para se defender do fin do bloqueo, á que chaman “tentación de odisea autárquica”, cando é máis certa a permanencia concreta do bloqueo, como proba a execución en 13.03.15 dunha sanción ilegal de EUA  de 1.710 millones de dólares ao Comerzbank alemán por “violación das sancións sobre transacciones con Cuba e outros países tamén bloqueados. É argumento da Prensa conservadora española (un sistema de información reaccionario e sen crítica de difusión semellante) que a teimosa Cuba socialista ven de recibir unha lección de apertura da democrática EUA, cando a realidade é plenamente inversa: Cuba con infinitamente menos medios ca o Imperio, defendeu a súa independencia con graza, intelixencia e valor. Tal descreben, por exemplo Nelson Mandela, Salim Lamrani, Ángela Diez, Helen Yaffe, Steve  Ludlam, Itsván Meszaros, Ignacio Ramonet, Fernando Martínez Heredia, Don Fitz ou Piero Gleijeses entre outros, que suman o seu criterio ao da maioría da Asemblea da ONU. Autores, personalidades e institucións que ponderan a inventiva, habilidade diplomática e valentía de Cuba e do seu pobo para non seren colonizados e salvar o seu proxecto de goberno soberano en paz e igualdade.

BLOK

ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

“Os cambios que está a facer Cuba na súa economía, diríxense a reforzar o socialismo e teñen como límite o equilibrio social”, dixo Eugenio Martínez Enríquez, embaixador de Cuba, nunha reunión en Santiago coa xunta directiva e socios da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Eugenio Martínez foi presentado polo cónsul xeral, José Antonio Solana.

O Embaixador acudiu a Galiza para ultimar co presidente da Autonomia o programa da visita institucional a Cuba, decembro vindeiro, e deu conta á Asociación das importantes transferencias de xestión previstas para 2014, centradas nun aumento importante da cooperativización e do comercio privado, a realizar sobre a propiedade socialista dos medios de produción que vai ser preservada. Seguir lendo ENCONTRO DO EMBAIXADOR DE CUBA COA FRANCISCO VILLAMIL EN COMPOSTELA

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea. Seguir lendo IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL