Arquivo da etiqueta: Xosé Neira Vilas

O Consulado de Cuba comemorou en Santiago o “Día de la Cultura” acompañado da amizade Galega

Santiago de Compostela/Terra Sen Amos
Representantes da amizade galego-cubana honraron en Compostela sábado 25 o “Dia de la Cultura Cubana”, instituido polo Governo da Revolución para comemorar o nacimento da Bayamesa, himno nacional de Cuba. A convocatoria foi do Consulado Xeral de Cuba en Galiza.

A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa
A Festa da Cultura celebrou en Compostela o nacimento da Bayamesa

Seguir lendo O Consulado de Cuba comemorou en Santiago o “Día de la Cultura” acompañado da amizade Galega

AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

TERRA SEN AMOS/Redación.

Ramón Vázquez Díaz, deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), presentou tres preguntas parlamentares ao Goberno Galego, sobre “Zunzuneo”, a rede social criada e financiada polo Goberno dos EEUU para conspirar contra o Goberno e o ordenamento legal de Cuba.

Vázquez inquire á Xunta se dispuña información sobre a inxerencia da rede Zunzuneo contra as Leis de Cuba e pregunta ao Goberno Autonómico se comparte o ilegal bloqueo e a diaria conspiración do Goberno de Washington contra Cuba.

O deputado quere saber se a Xunta coñecía a participación de Yoani Sánchez na rede Zunzún, na altura de intervir en actos públicos en Galiza que contaron coa atención preferente de medios oficiais. Seguir lendo AGE pregunta a Xunta sobre a actuación en Galiza de persoas implicadas na conspiración anti-cubana Zunzuneo

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea. Seguir lendo IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier

O Cónsul de Cuba en Compostela, Alejandro Fuentes Hernandez, recoñeceu o labor de Xosé Neira Vilas a prol das culturas nacionais de Cuba e Galiza coa Medalla Alejo Carpentier outorgada polo Consello de Estado da República de Cuba. O escritor galego, traballador en Cuba dende 1960 até a súa xubilación, asegurou que recibía a máis alta distinción do Estado Socialista Cubano, en nome dos obreiros galegos emigrantes, dos transterrados que loitaran na Guerra da Independencia de Cuba e da súa lembrada compañeira, a escritora galego-cubana Anisia Miranda.

“Neira é unha personaxe de Alejo Carpentier”, dixo Ana Chouciño, diretora da Cátedra de Cultura Cubana da Universidade “Alejo Carpentier” antes de ilustrar a biografía do neno labrego de Gres, emigrante á Quinta Provincia, fins dos 40, o Bos Aires de Luis Seoane, Castelao, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste e Arturo Cuadrado e despois voluntario do nacente Estado Socialista cubano. Formado como xornalista na Arxentina, intégrase na Habana da Revolución no Instituto de Literatura y Linguística onde nacerá, baixo a súa direción, o mellor arquivo da emigración galega na Nosa América e relacionase con Ernesto Guevara e Alejo Carpentier. Seguir lendo Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier

Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza

Foi enterrada o dia 23 en Gres.

Só unha cativa parte das persoas que tiveron a sorte de tratar en vida a Anisia Miranda, estiveron presentes na súa despedida no cemiterio de Gres (Vila de Cruces) no mediodía de venres 23. Por vontade da familia, non se deu publicidade á nova da súa morte nen houbo lugar para a manifestación protocolar de dóo.

Entre o reducido grupo que foi canda Xosé Neira Vilas no sepelio da súa compañeira Anisia, estaba o presidente da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” da que Neira é Socio de Honra. Seguir lendo Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza