Dirixentes sindicais, representantes de formacións políticas da esquerda nacionalista e personalidades da cultura, homenaxearon no Consulado Xeral de Venezuela en Vigo ao líder da Revolución Bolivariana Hugo Chávez Frias, falecido en Caracas dia 5.
A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, entregou unha carta de condolencia asinada polo seu presidente, Valentín Alvite Gándara á Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.
O presidente da “Francisco Villamil sinala no seu escrito que Chávez “cambiou a folla de calendário da arrogante censura imperial contra Cuba e abriu camiño a una política continental de xustiza e solidariedade, sobre a base das mesmas ideas socialistas que os Estados Unidos combaten a ferro e fouce na Nosa América desde a Guerra Fria e nomeadamente a partir da entrada dos Revolucionários na Habana, no aninovo de 1959”. Seguir lendo A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza →