IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMIL

“Imposibel estar en Santiago de Compostela e non facer por chegar a Láncara, onde se atopa a aldea da Galiza fonda na que nacera o pai de Fidel e Raúl, Ánxel Castro Arxiz. Imposibel non emocionarse á vista da casa humildísima na que afonda a raíz galega dos líderes da Revolución cubana”, escrebe hoxe na súa bitácora dixital “La Pupila Insomne”, Iroel Sánchez, que falou a pasada semana en Vigo e Compostela, en conferencias organizadas pola “Francisco Villamil” e a Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC).

O multipremiado poeta e xornalista cubano, que ten seguidores en todo o mundo, foi acompañado na súa visita a Láncara por Valentín Alvite Gándara, presidente, Xosé Manuel Viquera, vice-presidente e por Ana Pereira e Merchi Santiago, tamén integrantes da diretiva da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Na fotografía á beira, Alvite e Viquera posan xunto a Iroel Sánchez no camiño de Armea.

IROEL SANCHEZ VISITA LÁNCARA ACOMPAÑADO POR DIRECTIVOS DA FRANCISCO VILLAMILA casa de Anxel Castro Arxiz na Armea (Láncara) representa o monumento máis alto da histórica colaboración de clase entre Galiza e Cuba pois dela procede a xinea de Fidel e Raúl. Como documenta o rico fondo Galego-Cubano de Xosé Neira Vilas, a solidariedade mutua foi decisiva na historia contemporánea de entrambas nacións.

Iroel Sánchez nacera na Cuba Independente, seis anos depois do triunfo da Revolución, e é espello da nova xeración inqueda, patriótica e revolucionaria, comprometida dende a primeira mocidade no labor común de defender a soberania e progreso de Cuba.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *