Arquivo da etiqueta: Alejandro Fuentes Hernandez

O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

A solidariedade con Cuba rendéu en Vigo homenaxe a José Martí, no cento sesenta aniversario do seu nacemento.

A xuntanza celebrouse ao pé da estatua do Apóstol da independencia de Cuba, obra do escultor cubano René Negrín, nos xardíns de Uxío Montero Ríos.

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dixo que forza do pensamento liberador de Martí cobraba trascendencia especial nun pais como Galiza, solidario e partícipe na loita de Cuba pola independenza, a paz e a xustiza. Seguir lendo O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier

O Cónsul de Cuba en Compostela, Alejandro Fuentes Hernandez, recoñeceu o labor de Xosé Neira Vilas a prol das culturas nacionais de Cuba e Galiza coa Medalla Alejo Carpentier outorgada polo Consello de Estado da República de Cuba. O escritor galego, traballador en Cuba dende 1960 até a súa xubilación, asegurou que recibía a máis alta distinción do Estado Socialista Cubano, en nome dos obreiros galegos emigrantes, dos transterrados que loitaran na Guerra da Independencia de Cuba e da súa lembrada compañeira, a escritora galego-cubana Anisia Miranda.

“Neira é unha personaxe de Alejo Carpentier”, dixo Ana Chouciño, diretora da Cátedra de Cultura Cubana da Universidade “Alejo Carpentier” antes de ilustrar a biografía do neno labrego de Gres, emigrante á Quinta Provincia, fins dos 40, o Bos Aires de Luis Seoane, Castelao, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste e Arturo Cuadrado e despois voluntario do nacente Estado Socialista cubano. Formado como xornalista na Arxentina, intégrase na Habana da Revolución no Instituto de Literatura y Linguística onde nacerá, baixo a súa direción, o mellor arquivo da emigración galega na Nosa América e relacionase con Ernesto Guevara e Alejo Carpentier. Seguir lendo Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier