Arquivo da etiqueta: Caribe Zona de Paz

Guía para entender as conversas entre Cuba e EUA

Sergio Alejandro Gómez – Granma
WASHINGTON. Pasaron cinco meses despois de os presidentes Barack Obama e Raúl Castro anunciar 17 de decembro o seu propósito de abriren novo capítulo nas relacións entre Es­tados Unidos e Cuba. A terceira rolda de conversas a nivel de funcionarios, desentorna agora a porta para o izado de bandeiras nas misións de Washington e Habana. Estamos na encrucillada dun camiño máis longo e empenado. Granma comparte cos seus lec­­tores sete enfoques para axudar a entender as dimensións do que está a suceder entre A Habana e Wa­shington e a etapa que se aveciña.

A delegación de Cuba, no inicio da terceira rolda de conversas en Washington
A delegación de Cuba, no inicio da terceira rolda de conversas en Washington

1. Os presidentes tomaron unha decisión; agora compre levala á práctica.

Dezasete de decembro, entre outras noticias de importancia para ambos povos, Raúl Castro e Barack Obama anunciaron xuntos a súa vontade de restablecemento de relacións diplomáticas, rotas hai máis de medio século. A declaración dos presidentes ten de ser validada polas administracións de canaseu país para materializar o paso. As reunións establecerán as bases da nova relación diplomática, para evitar os erros do pasado.

2. Ningunha das partes puxo condicións ás reunións, endebén os media falaran de cláusulas previas entre as partes.
Tanto os diplomáticos cubanos co­mo os de EUA falaron dun clima de reciprocidade, sen inxerencias e con respecto á profesionalidade. Porén, Cuba precisou que sería necesario proceder antes ao fin da súa inxusta inclusión na lista de países terroristas e a situación da súa misión en Washington, que careceu de servizos bancarios por máis dun ano. Ambos atrancos están en vías de solución. A parte estadounidense falou sobre a mobilidade dos seus representantes na futura embaixada na Habana (a dos diplomáticos cubanos está limitada en Washington) así como o acceso dos cubanos ás súas instalacións.
Para Cuba é de rigor aterse ás Con­vencións de Viena sobre Relacións Diplomáticas e Consulares, que establecen o cumprimento das leis do país anfitrión e a non inxerencia en asuntos internos. Unha misión debe poder relacionarse coas persoas do país anfitrión, mais respectando preceptos e normas, explicou un diplomático cubano. Seguir lendo Guía para entender as conversas entre Cuba e EUA

CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO

MERCHI SANTIAGO – TSA

Sábado 1 de febreiro, amigas e amigos e Cuba, honraron a memoria de José Martí con flores, música e verbas de recordo e honra do Heroe Nacional de Cuba no seu cento sesenta e un aniversario. A convocatoria foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, diante da estatua de Martí en Vigo, obra do escultor cubano René Negrín, donada ao Concello pola Asociación en 1989.

En representación da “Francisco Villamil”, o presidente da Directiva, Valentín Alvite, realizou unha breve semblanza do líder do movemento independentista cubano na época colonial. Así mesmo, aludiu á súa enorme relevancia como iniciador do Modernismo, como xornalista e como pedagogo. Concluíu sinalando a coherencia que sempre mostrou entre as palabras e os actos, coherencia que el mesmo sintetizaba no seu lema “Facer é a mellor maneira de dicir”.

Seguir lendo CRAVOS VERMELLOS E ROSAS BRANCAS PARA MARTÍ EN VIGO