O VI Cumio do CARICOM, celebrado en San Xoán, capital de Antigua e Barbuda, honrou a memoria de Fidel e o protagonismo de Cuba na unidade do Caribe. Nicholas Steele, representante de Granada dixo que interpretaba o sentir da Asemblea ao recoñecer que a Revolución Cubana derramara o seu sangue por liberar povos desamparados. “Nunca un pequeño pais alcanzara tal altura no mundo e nunca un povo con tan poucos recursos e malia un bloqueo criminal, fixera tanto para tantos con tan pouco”. Raúl Castro dixo que o seu pais “non poderá esquecer nunca a decisión Errol Barrow, de Barbados; Forbes Burnham, de Guyana; Michael Manley, de Xamaica, e Eric Williams, de Trinidade e Tobago, de estableceren relacións diplomáticas con Cuba, asi que os primeiros catro países do Caribe anglófono accederan a súa independencia no 66”. Unha porta aberta contra o Bloqueo e un paso decisivo na integración solidaria do Caribe, fronte o imperialismo dos muros, da explotación e do colonialismo.
Mentres toda Cuba honra a data do 25 de Novembro en homenaxe a travesia histórica de Fidel, o mundo produce novas de homenaxe a súa memoria ao se cumprir un ano do seu pasamento. Dende Venezuela o presidente Maduro publicou estas liñas «Os Revolucionarios do mundo temos hoxe presente ao Comandante Fidel Castro Ruz, e a súa vida de exemplo para todos ao encarnar a solidariedade e o humanismo no labor de transformar o mundo nun lugar mellor”. Militantes do Círculo de Roma da Asociación Nacional de Amizade Italia-Cuba, de Patria Socialista, do Comité Fabio Di Celmo e do JVC de Sri Lanka, penduraron a beira do Coliseo Romano un cartaz prominente coa imaxe de Fidel e a lenda “¡Hasta siemre Comandante!”; en Nicaragua celebráronse varios actos para agradecer a solidariedade da Revolución Cubana e o exemplo de Fidel; en Bolivia o goberno e a embaixada de Cuba convocaron venres un encontro de homenaxe e no Teatro Roma de Avellaneda (Bos Aires) arxentinos e cubanos uníronse para lembrar ao Comandante nunha gala cultural; en Moscova, na praza que leva o nome de Fidel no distrito de Sokol, celebraron o exemplo de firmeza da Revolución. De Ramala (Palestina) Francia, Panamá, Vietnam, Escoza, Islandia, Paquistán, India China, Viena, Tailandia e Estados Unidos, chegan tamén novas de honras a Fidel polo seu exemplo.
Sergio Alejandro Gómez – Granma (Editado por Terra Sen Amos)
Fidel deixounos en discursos, artigos, glosas, entrevistas e ponencias de congresos, unha axenda para interrogantes e paradoxos de hoxendia asi como preguntas que o planeta escoita con anguria: Como alimentar a millóns de persoas privadas de auga e de recursos básicos? Que facer para pechar a distancia crecente entre os paises ricos e os empobrecidos? Quen vai pagar a conta do estrago ambiental? Para que han servir as armas nucleares nun mundo atacado de fame e pobreza? Sergio Alejandro Gómez edita para o diario Granma pensamentos de Fidel que semellan adiantarse ao debate de 2017
Fidel cumpriría 91 este mes de agosto e segue entre nós, rodeado polo agarimo do seu pobo. Fidel encarna o sentir de millóns de cubanos e de admiradores no mundo enteiro. Lembrámolo no seu uniforme verde oliva de Comandante: andar ergueito, trato agarimoso, mirada penetrante e fonda convicción antimperialista e martiana; a súa vontade de aceiro para superar o acontecer máis arriscado; o seu saber e, nomeadamente, o amor infindo pola humanidade e os pobres, aos que adicou a vida enteira.
Sábado, coincidindo co 64 Aniversario do salto aos cuarteis de Moncada e Bayamo, no coñecido en Cuba coma Día de la Rebeldía, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, conxuntamente co Consulado de Cuba en Galiza, celebrou unha festa comemorativa en Compostela. Valentín Alvite, Presidente da Asociación, abriu o acto preguntando sobre o obxectivo do ataque e contestou que este fora realizar a independéncia arelada por Martí e construir un sistema político e económico máis igualitário. Alvite dixo que os participantes entregaron a este fin o máis valioso que posuian: a propia vida. Angel Szary, cónsul de Cuba en Galiza, transmitiu un saúdo en nome do cónsul xeral José Antonio Solana, e recordou que o revés do Moncada tornárase en victoria polo recordo dos caidos que acompañou aos revolucionarios sobrevivintes coma un alento na súa desigual e dura loita. O Cónsul lembrou que estabamos a vivir o primeiro aniversário do Moncada sen Fidel e rematou coas palabras todos somos Fidel, repetidas polo público. Amigos de Cuba e representantes de partidos solidarios coa Revolución, acompañaron ao Consulado e a Francisco Villamil na festa comemorativa celebrada no Centro Social do Castiñeiriño.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"