Fidel, rodeado polo agarimo do pobo na altura dos seus 91 anos

Juan Diego Nusa Peñalver – Granma

Fidel cumpriría 91 este mes de agosto e segue entre nós, rodeado polo agarimo do seu pobo. Fidel encarna o sentir de millóns de cubanos e de admiradores no mundo enteiro. Lembrámolo no seu uniforme verde oliva de Comandante: andar ergueito, trato agarimoso, mirada penetrante e fonda convicción antimperialista e martiana; a súa vontade de aceiro para superar o acontecer máis arriscado; o seu saber e, nomeadamente, o amor infindo pola humanidade e os pobres, aos que adicou a vida enteira.

Fidel e Chávez, o abrente que non cesa.

De él dixo o escritor, polemista, profesor, e político Raúl Roa: “Fidel sente medrar a herba e vé o que está a acontecer por volta da encrucillada seguinte». É o noso Comandante invicto. Desafióu  os perigos todos, por defender a soberanía e a dignidade de Cuba. Derrotou xunto ao seu pobo unha criminal ditadura militar, e a cobiza imperialista de dez administracións norteamericanas, que fracasaron no intento de eliminar física e moralmente o exemplo e símbolo do soldado das ideas.

Na Carta de despedida do Che Guevara a Fidel, o mítico comandante arxentino-cubano confesaba ao Comandante: «Vivin dias magníficos e sentin a túa beira o orgullo de pertencer ao noso pobo, nos días luminosos e tristeiros da Crise do Caribe. Poucas veces brillara tan alto un estadista coma naqueles dias e hónrame terte seguido sen dúbidas, identificado co teu discurso e o teu xeito de ver e apreciar os principios e os riscos”

A súa ricaz semente agroma arestora en millóns de seguidores en todo o planeta.

Chegan a nós as claras palabras de Raúl nas conclusións da sesión constitutiva da VII Lexislatura da Asemblea Nacional do Poder Popular, 24 de febreiro de 2008: «Fidel é Fidel, como ben sabemos todos; Fidel é insustituibel e o pobo continuará a súa obra cando él xa non estea fisicamente entre nós. Acompañaránnos decote as súas ideas que fixeron posibel erguer o facho de digniidade e xustiza que o noso país representa». E así foi.

Agosto 13 cumpriría 91 años e está entre nós rodeado do agarimo do seu pobo. Deixounos a súa guia de firmeza revolucionaria, optimismo inmorredoiro e confianza na victoria. A nosa mellor homenaxe será facer realidade a diario o seu consello, sen importarmos o lugar no que el poida estar.

http://www.granma.cu/cuba/2017-08-11/soldado-de-las-ideas-11-08-2017-16-08-30

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *