Berenice Sobral – Miami
Os 60 anos da Revolución son recordados con festas en toda Cuba e parabéns no resto do mundo, mentres o centro e Miami convoca cartaces con obxeccións matizadas, condenas anti-comunistas, saudades escollidas e mínima asistencia. Na Habana, as rachadas comparsas de Aninovo arrodean ao Presidente que baila no medio do estrondo das congas. De camiño visita Calabazar, o barrio no que residiran os vivarense Xulio e Pedro Trigo, o Barrio Chino e o céntrico bulevar de San Rafael nun baño de masas.
No entanto, no centro de Miami, seis persoas terman duns cartaces en Inglés. Un deles dí: “Baldeen o cortello comunista”; outros avisan que as votacións en Cuba non decidiran a presidencia, o que indica que deberon ter outra utilidade. O ex alcalde de Miami, Tomás Regalado, actual responsábel de Radio-TV Martí (medios pagados por EUA que emiten propaganda contra a Revolución dende Florida) coida que o “único efecto positivo da Revolución Cubana foi o cambio radical que trouxo a Miami ao convertila nunha cidade global.”
Haberá no mundo incompatilidade coas normas de protección da persoa dun presidente comparábel a alancar a ritmo do son entre a moitedume? A entrada dos revolucionarios na Habana, 1 de xaneiro de 1959, establecera que depende de o pobo principio de a protección do guieiro nunha concentración. Unha idea que Fidel probou en diarias escapadas sorpresa a lugares de traballo, festa ou celebración entre o pobo. Polo tanto, Diaz-Canel reproduce de feito un principio de baño de masas probrado repetidamente por Fidel e Raúl, ainda que pouco ou nada citado pola prensa elegante.
O programa de Aninovo do Presidente de Cuba comezou no polígono de produción de materiais de construcción René Bedías Morales, dependente da Empresa provincial de materiais e servizos especializados para vivenda. As naves remozadas ao cabo dun longo prazo de inactividade foraan importantes para Habana pola cantidade de materiais de construcción de cerámica vermella que suministraba A unidade empresarial de base, produce agora entre 6 000 e 7 000 bloques de concreto diarios, pezas abondo para sete casas cada 24 horas.
Con Diaz-Canel estaban Luis Antonio Torres Iríbar, primeiro secretario do Partido Comunista na Habana, Reynaldo García Zapata, presidente do goberno na provincia e o consello popular de Calabazar, ao que o Presidente expuso a necesidade de beneficiar aos residentes da área cos materiais producidos pola unidade industrial.
A Habana ten previsto construir máis de 6 100 nuevos hogares no 2019 por vía estatal e por traballo voluntario; máis de 1 500 serán por esta última via. Destas, 800 foran concebidas como unidades básicas para persoas con baixos recursos, perceptoras de achegas públicas. A política da vivenda ten trazado a resolución do défice habitacional no prazo dunha década, propósito ao que contribuirá o polígono de Calabazar e otros sete de menor tamaño, a maiores do que aporte a industria específica e os traballadores por conta propia especializados.
Saíndo da fábrica, Díaz-Canel conversou con familias do barrio. Depois camiñou deica o parque de Calabazar, de ganchete dunha avó metida en anos que esperara para presentarlle o seu neto e convidalo a súa casa.
Visitou a seguir o Presidente o hospital docente clínico Xulio Trigo, en Arroyo Naranjo, donde o esperaban o vicepresidente dos Consellos de Estado e de Ministros Roberto Morales Ojeda e José Ángel Portal Miranda, ministro de Saúde Pública. O centro asiste 590 000 habitantes de Arroyo Naranjo e de varios concellos da provincia de Mayabeque. Con más de 900 trabajadores, dispón de 335 camas, 13 pabellóns hospitalarios e 28 especialidades médicas. En 2018 atendeu 6 500 personas ingresadas e realizou 10 499 operacións cirúrxicas.
Os presidentes da Federación Rusa e os de China, Vietnam, Venezuela, Nicaragua e Bolivia, entre outros, enviaron parabéns ao pobo e ao goberno de Cuba polo 60 aniversario da Revolución con mencións do significado histórico do proceso iniciado en 1959, que también apareceu reseñado martes en medios de comunicación de todo o mundo. Asemade, a cooperación internacional con Cuba lembrou en diferentes convocatorias o LX Aniversario da Revolución. No centro de Roma, por exempolo, a federación italiana de asociacións de amizade con Cuba, convocou unha asemblea baixo un grande cartaz de recordo a Fidel e unha bandeira de Cuba na que se recordaba o aniversario.