A Administración Norteamericana confiscou ao coruñés Xavier Carvajal o pago das mensalidades da escolarización dos seus dous fillos, de 6 e 4 anos, nun colexio da Habana.
Estados Unidos levou a efeito esta intervención, contraria a toda norma internacional entre países amigos, coa aplicación da Lei Helms-Burton, subtitulada “Lei de Liberdade Cubana e Solidariedade Democrática” aprobada o 1 de marzo de 1996.
A edición galega de El País do dia 30 de Janeiro, deu noticia da confiscación ilegal da transferência. O autor da información, Xosé Manuel Pereira, sinala que o pago dos recibos dun colexio pode devir “asunto sensibel de política internacional” por mor do bloqueo decretado por Norteamérica contra Cuba.
Co diñeiro nas mans da Administracion dos Estados Unidos, Xabier Carvajal veuse na obriga de procurar unha nova via de xiro e repetir o pago dos recibos.
O diario non da conta na súa crónica da Administración española ter intervido en defensa de alguén que non cometera ilegalidade ningunha, nin na República de Cuba nin no Estado Español.
Ler a información citada en Bloqueo.