O asasinato de Ben Laden

Fidel Castro reflexiona sobre a incursión de comandos USA en Paquistán.

O compañeiro Fidel defende neste escrito a tese de que a incursión que rematou coa vida de Osama Ben Laden foi un asasinato e un crime de estado, ademáis dunha violación da soberanía de Paquistán e unha ultraxe ás tradicións e crenzas dos musulmáns. Fidel recorda a oposición histórica da Revolución Cubana ás accións que puideran pór en perigo vidas de civís pois de feito, sendo partidarios da loita contra a tiranía batistiana, os revolucionarios condeaban todo acto violento que implicase risco de morte de persoas inocentes. “Tal conduta, honrada durante máis de medio século, outórganos dereito a expresar opinión sobre un asunto tan delicado”, escrebe o Líder da Revolución.

O asasinato de Ben LadenOs que se ocupan destes temas coñecen que, o 11 de setembro de 2001, o noso pobo solidarizóuse co de Estados Unidos e brindou a modesta cooperación que no campo da saúde podiamos ofrecer ás vítimas do brutal atentado ás Torres Xemelgas de Nova York.

Ofrecemos tamén de inmediato as pistas aéreas do noso país para os avións norteamericanos que non tiveran onde aterrar, dado o caos reinante as primeiras horas despois daquel golpe.

É coñecida a posición histórica da Revolución Cubana que se opuxo sempre ás accións que puxesen en perigo a vida de civís.

Partidarios decididos da loita armada contra a tiranía batistiana, eramos, en cambio, opostos por principios a todo acto terrorista que conducise á morte de persoas inocentes. Tal conduta, mantida ao longo de máis de medio século, outórganos o dereito a expresar un punto de vista sobre o delicado tema.

En acto público masivo efectuado na Cidade Deportiva expresei aquel día a convicción de que o terrorismo internacional xamais se resolvería mediante a violencia e a guerra.

Foi por certo, durante anos, amigo de Estados Unidos que o adestrou militarmente, e adversario da URSS e do socialismo, pero calquera que fosen os actos atribuídos a Ben Laden, o asasinato dun ser humano desarmado e rodeado de familiares constitúe un feito aborrecible. Aparentemente iso é o que fixo o goberno da nación máis poderosa que existiu nunca.

O discurso elaborado con esmero por Obama para anunciar a morte de Ben Laden afirma: “sabemos que as peores imaxes son aquelas que foron invisibles para o mundo. O asento baleiro na mesa. Os nenos que se viron forzados a crecer sen a súa nai ou o seu pai. Os pais que nunca volverán sentir o abrazo dun fillo. Preto de 3.000 cidadáns marcharon lonxe de nós, deixando un enorme burato nos nosos corazóns “.

Ese parágrafo encerra unha dramática verdade, pero non pode impedir que as persoas honestas recorden as guerras inxustas desatadas por Estados Unidos en Iraq e Afganistán, aos centos de miles de nenos que se viron forzados a crecer sen a súa nai ou o seu pai e aos pais que nunca volverían sentir o abrazo dun fillo.

Millóns de cidadáns marcharon lonxe dos seus pobos en Iraq, Afganistán, Vietnam, Laos, Cambodia, Cuba e outros moitos países do mundo.

Da mente de centos de millóns de persoas non se borraron tampouco as horribles imaxes de seres humanos que en Guantánamo, territorio ocupado de Cuba, desfilan silenciosamente sometidos durante meses e mesmo anos a insufribles e enlouquecedoras torturas; son persoas secuestradas e transportadas a cárceres secretos coa complicidade hipócrita de sociedades supostamente civilizadas.

Obama non ten forma de ocultar que Osama foi executado en presenza dos seus fillos e esposas, agora en poder das autoridades de Paquistán, un país musulmán de case 200 millóns de habitantes, as leis das cales foron violadas, a súa dignidade nacional ofendida, e as súas tradicións relixiosas ultrajadas.

¿Como impedirá agora que as mulleres e os fillos da persoa executada sen lei nin xuízo expliquen o acontecido, e as imaxes sexan transmitidas ao mundo?

O 28 de xaneiro de 2002, o xornalista da CBS Dan Rather, difundiu por esa emisora de televisión que o 10 de setembro de 2001, un día antes dos atentados ao World Trade Center e ao Pentágono, Osama Ben Laden foi sometido a unha diálise do ril nun hospital militar de Paquistán. Non estaba en condicións de ocultarse e protexerse en profundas cavernas.

Asasinalo e envialo ás profundidades do mar demostra temor e inseguridade, convérteno nun personaxe moito máis perigoso.

A propia opinión pública de Estados Unidos, despois da euforia inicial, rematará criticando os métodos que, lonxe de protexer os cidadáns, rematan multiplicando os sentimentos de odio e vinganza contra eles.

VER WEB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *