Arquivo da etiqueta: Antonio

O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Juventud Rebelde /Cubainformación

A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, requeriu ao Governo español intervir perante o executivo norteamericano en demanda de excarceración inmediata dos Cinco Antiterroristas Cubanos, inocentes presos nas cadeas dos Estados Unidos dende desde 1998.

Promoveu a moción o Grupo Mixto, a instancias do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Izquierda Unida, Iniciativa per Cataluña-Els Verts e o PSOE e os deputados aprobaron unha proposición non de Lei construida sobre o fondo de incontábeis pronunciamentos internacionais a prol de Gerardo, René, Ramón, Antonio e Fernando, e de pedidos de liberación semellantes formulados por governos, parlamentos, instancias públicas de toda clase, asociacións en defensa da xustiza e particulares. Verdadeira fronda documental para o Governo poder interceder perante Washington en demanda de excarceración e para os familiares dos antiterroristas poderen atinxir o dereito de humanidade de visitalos, negado até o de hoxe pola Casa Branca. Seguir lendo O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Comeza a campaña polo 1.000.000 de asinaturas para a liberdade dos Cinco

O 12 de setembro de 1998, foron detidos e encarcerados en EEUU cinco cidadáns cubanos -René, Gerardo, Fernando, Ramón e Antonio- residentes naquel momento nese país.

Un proceso xudicial sen as debidas garantías e falto de probas condenounos a inxustas penas, que van desde os 15 anos ata dúas cadeas perpetuas. Dita carencia de probas foi recoñecida pola propia Fiscalía de EEUU (2001). Aínda así, os CINCO seguen cumprindo as súas duras penas de cárcere en distintas cadeas norteamericanas.

É unha opinión amplamente compartida que os CINCO foron vítimas dun xuízo político e que a xustiza estadounidense demostrou que, nese país, ser cubano e revolucionario é elemento suficiente para ser encarcerado. Seguir lendo Comeza a campaña polo 1.000.000 de asinaturas para a liberdade dos Cinco