Arquivo da etiqueta: Carlos Lage Dávila

Raúl Castro cumpre o seu compromiso de mellorar a estrutura do goberno

Reorganización do goberno cubano.

A remodelación do Governo estaba entre as promesas de Raúl cando asumira a presidencia o 24 de febreiro de 2008 ainda que as prioridades de forza mayor, nun ano ciclónico esmagador, obrigaron a declarar un renovamento de prazos.

As dúas substitucións máis comentadas polas axencias do mundo rico foron ás do economista Carlos Lage Davila e a do chanceler Felipe Pérez Roque. Porén, a nota oficial que informa da substitución de Carlos Lage como executivo da administración do Estado, recorda que o economista segue a formar parte do cerne da governación xa que conserva o seu cargo de vice-presidente do Consello de Estado. Seguir lendo Raúl Castro cumpre o seu compromiso de mellorar a estrutura do goberno

DISCURSO DE CARLOS LAGE DURANTE A SESIÓN PLENARIA DO XVII CUMIO IBEROAMERICANO

A cohesión social non dará chegado como consecuencia das supostas bondades do mercado, nin polo efecto dun programa, un plan ou unha campaña de propaganda.

A cohesión social só pode ser o froito dun sistema de xustiza e igualdade” dixo o vicepresidente do Consello de Estado da República de Cuba, Carlos Lage Dávila, no plenario do XVII Cumio Iberoamericano.

“Se todos os seres humanos non teñen o mesmo dereito á atención médica, así sexa unha operación do corazón ou un transplante de órgano; se hai analfabetos, se os nenos e os mozos non están nas escolas; se hai nenos que teñen que traballar para vivir e adultos que non teñen traballo; se o diñeiro domina os procesos electorais, corrompe o sistema político e perverte a legalidade; se os medios de prensa teñen donos e responden a castas nacionais ou mundiais e a liberdade de prensa inclúe a liberdade de mentir; se a propiedade privada se apodera do patrimonio cultural e histórico das nacións; se uns posúen unha riqueza innecesaria e absurda e outros viven sen teito, non se alcanzará a cohesión social.

Unha orde política e económica internacional xusta e democrática tamén resulta imprescindibel. Se as nacións que se desenvolveron cos nosos recursos e co suor e o sangue dos nosos pobos, comportanse con irresponsabel egoísmo ou tratan de seducirnos con demagóxicas axudas; se os Bancos Centrais están baixo as ordes do Fondo Monetario Internacional, e dun cuestionado consenso alcanzado en Washington e ignoran as necesidades dos seus pobos; se o comercio de pequenas e pobres nacións con grandes e poderosas ten que ser en condicións dunha reciprocidade, imposta e inviabel , se o comercio ten que ser o chamado libre e non xusto; se os adiantos da ciencia e o coñecemento humano son obxectos de propiedade e de negocio; se as nacións máis ricas levantan muros para os inmigrantes pobres e abren portas e multiplican incentivos para os profesionais e técnicos, humillan a uns e rouban os outros, se nos facemos a ilusión de que sen unirnos é posibel conseguir o noso desenvolvemento, non se alcanzará a cohesión social.

E tampouco se alcanzará ou non tería sentido a busca da cohesión social, se non logramos salvar a existencia da nosa especie.

Os elevados prezos do petróleo e os alimentos, a cambaleante e voraz economía da nación máis poderosa, o esgotamento xa visibel dos combustibeis fósiles, a irresponsabel conduta dos países máis desenvolvidos ante o estrago do medio ambiente, as epidemias, as guerras imperiais, son realidades ante as que debemos actuar con determinación.

Quen habería negar a primordial responsabilidade e a nefasta influencia do Goberno dos Estados Unidos nestas circunstancias?

Para alcanzar a cohesión social hai que estar dispostos a enfrontar ás egoístas e violentas oligarquías nacionais e á política criminal da actual administración dos Estados Unidos.

Eles farán todo para impedirnos atinxir a xustiza social ou siquiera un pouco máis de cohesión social, porque afectaría os seus privilexios históricos. De balde, non nos han dar nada.

En canto a Cuba, só direi que malia invasións, actos terroristas, guerra económica e multimillonarios esforzos por organizar unha contrarrevolución interna, a cohesión social, froito directo da obra histórica de Fidel, é orgullo dos cubanos e conquista irrenunciabel que ten alicerdes rexos:

*Educación gratuíta, a todos os niveis, mesmo para os estudios universitarios estendidos agora aos 169 municipios do país, onde xa estudan en distintos tipos de cursos o 67 por cento de todos os mozos entre os 18 e 24 anos. Sen cultura non hai liberdade posibel.

*Atención médica a todos por igual sen cobrar un centavo, que nos permite ter unha esperanza de vida de 77 anos e unha mortalidade infantil de solo 5,3 falecidos por cada mil nacidos vivos. Ninguén ten máis dereito a vivir que outros.

*Pleno emprego, facilitado polo concepto de que o estudio pode ser unha ocupación remunerada. En Cuba hoxe o índice de desemprego é do 1,9 por cento. Nunha sociedade que se considere xusta ningún ser humano debe sobrar.

*As prisións están a ser convertidas en centros de traballo e de estudos, mentres a sociedade se prepara para recibir os reclusos e brindarlles o apoio necesario e xusto que requiren. Este programa comprende xa a todos os centros penitenciarios do país. Un preso en idade xove é tamén responsabilidade da sociedade e esta ten de esforzarse por axudalo a rectificar o seu erro.

*As persoas menos favorecidas por razóns sociais, conxénitas ou accidentais, os nenos desnutridos, os minusválidos, os anciáns que viven sós, reciben e recibirán cada vez máis atención especial e diferenciada.

Corenta e dous mil novos graduados como traballadores sociais súmanse hoxe aos que realizan este labor, para que nin un solo ser humano quede abandonado á súa propia sorte.

A solidariedade non ha ser un acto illado de xenerosidade, senón unha obriga moral de todos.

Nas austeras condicións de vida do noso pobo, no medio do máis prolongado bloqueo da historia do home, loitamos e defenderemos a unidade e a dignidade dos cubanos.

Moitas grazas.