Arquivo da etiqueta: Contrarrevolución

ACTUALIZACIÓN DO NEGOCIO DA CONTRARREVOLUCIÓN

Autor: André Gómez

En tempos recentes a contrarrevolución cubana, a cal sempre foi un excelente negocio, volve ter unha época florecente, outra época de “vacas gordas”. Hai que recordar que durante a Administración Kennedy, entre os anos 1962 e 1963, a Operación Mangosta foi a fonte de emprego máis lucrativa daquela época, a máis custosa operación da CIA ata entón, na que o goberno federal chegou a gastar preto de mil millóns de dólares -dólares daqueles anos–, e na cal empregou a miles de cubanos contrarrevolucionarios. Agora, a Administración Bush presuposta anualmente cincuenta e pico millóns de dólares -por sobre a mesa–, de diñeiros públicos, -en tempos de enormes déficit orzamentarios e de extraordinarios e inhumanos recortes a esenciais programas sociais, de saúde e educacionais- para o negocio da súa política anticubana.

Xorden así en Miami innumerables organizacións contrarrevolucionarias cubanoamericanas, as cales abarcan unha gama inverosímil de actividades. Antes, unhas poucas organizacións facíano todo, hoxe invéntanse moitas, deste xeito cada cal pode montar o seu tinglado. Logo da experiencia da Fundación Nacional Cubanoamericana, inicialmente, obra da Administración Reagan, o goberno federal optou, ao comprar clientes, atomizar o negocio, para así controlalo mellor.

Dá a casualidade que recentemente, durante os días da vista oral en Atlanta do caso dos Cinco, familiares dos catro individuos –militantes de Irmáns ao Rescate– que foron derribados en dous avións en febreiro de 1996 sobre augas xurisdiccionais cubanas, cuestionaron a orixe dos fondos que nos permitiron ir a Atlanta. É de entenderse, pertencen ao tipo de xente que está afeita ser subvencionada por Wáshington. Os nosos fondos, que son poucos – non viaxamos a Atlanta voando en primeira clase, nin nos hospedamos en hoteis cinco estrelas, ou comemos en restaurantes de luxo–, proveñen dos petos da militancia das nosas organizacións e dos nosos propios, non dos noventa e pico millóns de dólares pertencentes aos fondos da República de Cuba, conxelados desde 1959 en Estados Unidos, que arbitrariamente o goberno federal outorgou, para saciarlles o apetito e calarlles a boca, a eses mesmos inconsolabeis familiares preguntóns.

Nun informe da NED (National Endowment for Democracy) [Dotación Nacional para a Democracia] –un dos organismos do goberno federal a través do cal este distribúe diñeiros para subvertir a outros países–, feito público, detállase o monto asignado , durante o ano fiscal 2005, a certas organizacións contrarrevolucionarias cubanoamericanas. Este evidentemente é unha listaxe parcial xa que enumera a só 17 organizacións envolvidas no negocio por un monto que apenas chega a 2,365,000 $dólares, dos cincuenta e pico de millóns presupostados.

¿E cales son estas organizacións “patrióticas”, e cales son os seus fins? Malia o escandaloso destas operacións, pola súa mendacidade e propósitos criminais en contra do pobo cubano, a explicación dos fins destas organizacións é verdadeiramente risible polo asombroso do seu descaro.

Unha destas é a Afro-Cuban Alliance, así, en inglés. Os seus propósitos, segundo explica o informe da NED, son “promover a discusión sobre as condicións dos afro-cubanos e sobre temas afro-cubanos” a través da “publicación dun boletín trimestral a ser distribuído dentro e fóra da Illa” cuxo propósito é “informar a cubanos de ascendencia africana na Illa e no exilio sobre materia de dereitos civís, a historia oculta da escravitude e a discriminación racial existente en Cuba”… Así que os descendentes e herdeiros ideolóxicos dos traficantes de escravos africanos e dos donos de escravos en Estados Unidos encargan aos descendentes e herdeiros ideolóxicos dos traficantes de escravos africanos e dos donos de escravos en Cuba desta útil e loable tarefa. A esta organización a cal aquí, e estou seguro, en Cuba, ninguén coñece, excepto, o ou os que se engulen o diñeiro, concédenselle $62,000 dólares anuais.

Outra, é Bibliotecas Independentes de Cuba, á que se lle asignan $133,773 dólares anuais. Entre as súas tarefas están “promover a liberdade intelectual e o debate en Cuba” e “dar axuda financeira e asistencia material ás bibliotecas independentes en Cuba”. Esta organización –cuxo único membro visible é un negrito moi viaxeiro, quen polo seu comportamento e modales recórdame ás criadas en Cuba antes de 1959, vestidas sempre no seu uniforme branco–, parece ignorar, do mesmo xeito que os seus donos, que en Cuba, por exemplo, durante os últimos quince anos celébrase anualmente unha feira nacional do libro. As tres últimas acolleron a 12,160,555 persoas, moitos deles pícaros, nas que se venderon, a prezos baixísimos, 10,121,405 libros. Na actual feira, a décimo quinta, que comezou na Habana o 3 de febreiro último, e que antes de clausurar proximamente percorrería 35 cidades e pobos do país, participaran, ata data recente, catro millóns de persoas?

Por razón de espazo, como último exemplo dentro desta listaxe da NED de 17 organizacións, quero mencionar á Asociación Encuentro da Cultura Cubana. Neste informe faise saber que polos servizos prestados aos Estados Unidos asígnanselle a esta organización $200,000 dólares anuais. Este diñeiro, segundo a NED, “cubrirá parcialmente gastos administrativos que permitirá a Encuentro publicar a súa Revista Encuentro e continuar a publicación na internet do seu diario ´Encuentro On-Line´. Encuentro publicarase trimestralmente e será distribuída en Cuba e no estranxeiro.”

E é así como estes intelectuais e os seus donos garanten, a verdade, a liberdade e a integridade intelectual e o libre debate de ideas en Cuba e no estranxeiro.

Fonte: Areítodigital