Convidámoste a conmemorar con nós o 72 aniversario do Asalto ao Moncada, a exixir que remate o bloqueo que executan os EUA e a agresión imperialista conducida por Donald Trump e Marco Rubio. Queremos CUBA libre de sancións, memorandos ianquis e outras inxerencias ‼️
Ven con nós este 26 de xullo, ás 20:00 h, en Vigo, nos Xardíns de Uxío Montero Ríos, ao pé do monumento a José Martí, obra do universal escultor cubano René Negrín, entregada pola Francisco Villamil, en nome do Poder Popular de Cuba, ao Concello de Vigo fins dos 80.
Este 25 estaremos en Santiago, na esquina da Pza. de Galiza, atendendo a convocatoria que adoita publicar a Francisco Villamil no Dia da Patria . A partir das 12:00 lanzaremos a nosa Campaña de Apoio á Sanidade Cubana mediante a entrega de voandeiras e información directa. Toda axuda é benvida para o reparto!!
A partir das 15:00 h, estará aberto o noso posto informativo no FESTIGAL até as 20:00 e, no entanto, atenderemos unha mesa con café, azucre e libros de Cuba, instalado no xantar do PCRG.