Cuba entrega 50% do seu orzamento a educación, saúde pública e asisténcia social, en 2016

Terra Sen Amos – Redacción

Cuba adicou, en 2016, 50% do seu orzamento á educación, saúde pública e asistencia social, segundo informou a ministra de Finanzas e Prezos ao presentar a liquidación anual. Lina Pedraza Rodríguez, deu conta de máis de 200 millóns de consultas médicas e estomatolóxicas no exercicio vencido, a máis da entrega de recursos precisos para a hixiene pública e eliminación de vectores de contáxio. No rendemento de contas do orzamento de 2016, tamén figuran as medidas para recuperar vivendas, escolas, vias públicas, redes de auga, infraestructuras e comunicacións, da ruina causada polo furacán Matthew.

Raúl visita ás vitimas do Matthew en Baracoa.


As persoas que perderan seus fogares polo esmagador paso do meteoro, foron bonificadas co 50 % no prezo dos materiais de construcción e recibiron créditos de baixo interese e achegas do Estado no caso de familias sen capacidade para obteren créditos.

O consello de ministros presidido por Raúl Castro, avaliou a marcha da economía durante o primeiro semestre de 2017 e aprobou medidas puntuais para a reforma en marcha do modelo económico cubano. O titular de Economia e Planificación, Ricardo Cabrisas Ruiz, anunciou o cumprimento previsto dun 98% dos investimentos proxectados. No entanto, as principais produccións do agro manteñen níveis favorabeis, con demasías no caso das hortarizas e das froitas mentres os indicadores de leite e carne de vacún van por baixo do planificado. A producción de sucre aumentou un 20 % con relación ao ano denanterior, porén non deran chegado por 300 000 toneladas a cantidade prevista..

Canto o turismo, na altura de Maio a cifra de visitantes superaraba os 2.600.000, o que representa un 20 % de crecimento para o mesmo periodo de 2016.

A seca influiu negativamente nos resultados xerais e a finais de maio os encoros de auga de consumo estaban a un 43 % do total, no entanto os destinados a asegurar la producción de arroz ficaban nun 27 % da súa capacidade. A situación é delicada nas provincias centrais de Ciego de Ávila, Sancti Spíritus, Villa Clara e Camagüey e aplícanse restriccións en Oriente, nomeadamente en Santiago de Cuba, Guantánamo, Holguín e Las Tunas, onde a seca vai xa para tres anos.

Canto a execución do Orzamento do Estado no primeiro semestre, Cabrisas Ruiz sinalou que os ingresos brutos representan o 53 % do previsto para o ano, por mor do comportamiento favorábel dos ingresos tributários.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *