JUVENTUD REBELDE, GRANMA, CUBADEBATE, TERRA SEN AMOS
O presidente Diaz Canel non deu tempo aos comentarios ameazantes e despectivos, proferidos contra Cuba polo goberno de Washington e correren polas axencias dominantes e a silveira de redes controladas polo Norte e avisóu que eran terminantemente inaceptábeis e estaban fóra do respecto obrigado entre nacións. A invocación da presidencia foi para reafirmar que o pobo de Cuba estaba disposto para a defensa. Diaz Canel recusou os brados de Polifemo de Trump e dixo que non compría prestarlles consideración por procederen dun goberno carente de moral e afeito a convertelo todo en negocio, mesmo as vidas humanas.
“Somos nós os agredidos polos EUA: Cuba é unha nación libre, independente e soberana, que non admite imposicións”, recordou Diaz Canel ao pé das ameazas de Trump.
“Bradan histéricos contra nós por termos escollido como pobo, soberanamente, o noso modelo político”. Para a opinión política que polo mundo adiante prefire acomodarse a propaganda imperialista, o presidente dixo que aos que culpan á Revolución Cubana de atrancos na súa economía, caerlles debería a cara de vergoña pois están de volta das medidas draconianas e asfixiantes que os EUA aplican a Cuba por máis de seis décadas e que agora ameazan subir ainda de intensidade. Dixo que Cuba non agredía a ninguén: “somos nós os agredidos polos EUA: Cuba é unha nación libre, independente e soberana, que non admite imposicións; Cuba está preparada e disposta para defender a patria até a derradeira gota de sangue!”
Sobre as ameazas da Casa Branca, medios cubanos lembran que Barack Obama, dende a presidencia dos EUA, propuxera convivir con Cuba, viviren como “bós veciños”, unha opinión que compracera a certos sectores da poboación da illa que recomendaban ceder, abandonar a coeréncia independentista histórica e se acomodaren ás condicións impostas dende o Norte. Esta opinión cualificaba a dignidade cubana de teimosía e chamaba a firmeza anacronismo. Contra esta maneira de interpretar o Bloqueo, outra, popular, esencial e dominante na illa, recorda que a maior acumulación militar e económica do planeta, fora quen resolvera hai 66 anos concentrar atrancos económicos e sancións ilegais aos paises que estableceran relacións económicas e políticas con Cuba. Análises internacionais coinciden en sinalar que Sobre as ameazas da Casa Branca, medios cubanos lembran que Barack Obama, dende a presidencia dos EUA, propuxera convivir con Cuba, viviren como “bós veciños”, unha opinión que compracera a certos sectores da poboación da illa que recomendaban ceder, abandonar a coeréncia independentista histórica e se acomodaren ás condicións impostas dende o Norte. Esta opinión cualificaba a dignidade cubana de teimosía e chamaba a firmeza anacronismo. Contra esta maneira de interpretar o Bloqueo, outra, popular, esencial e dominante na illa, recorda que a maior acumulación militar e económica do planeta, fora quen resolvera hai 66 anos concentrar atrancos económicos e sancións ilegais aos paises que estableceran relacións económicas e políticas con Cuba.
De non ter Cuba que pagar a elevadísima carga ilegal do bloqueo, o seu nivel económico e de progreso sería hoxe modélico para toda América. Vintecatro anos despois da caida do CAME, non se cumpriu nin un só dos agoiros de ruina para Cuba anunciados dende as universidades norteamericanas. Emily Morris, profesora do Instituto das Américas do University College de Londres explicara nun artigo publicado na New Left Review o completo fracaso das arrogantes prediccións de ruina, malia ser Cuba o país máis afectado pola desaparición do mercado común dos paises socialistas e ter que aturar as consecuencias do prolongado bloqueo.
Morris recorda que a maiores da desaparición do CAME, Cuba seguia padecendo o bloqueo, a Lei Helms Burton, a Lei Torricelli, a Lei de Axuste e a incesante hostilidade promovida desde Washington. Malia o criminal cerco, os indicativos sociais cubanos superaban os dos seus ex-socios do Leste, apuradamente convertidos ao capitalismo. O índice de mortalidade infantil de Cuba era do 11% no ano 90, xa daquela moito melllor ca a media do CAME, pero no ano 2000 o rubro baixaba ao 6% o que aumentaba a súa avantaxe comparativa cos paises da Europa central empolados baixo a pruma dos EUA. Cuba tamén aumentara desde 1990 a 2000 a esperanza de vida de 74 a 78 anos. No resto dos paises do CAME, a pobreza rebaixou ese índice de 69 a 68 neses mesmo anos.
