Proclamando en Miami a volta atrás da política de Obama para Cuba, Trump conservaba con todo a estratexia anterior, de uso das tele-comunicacións para criar opinión a prol de EUA. O Departamento de Estado (ministerio de Exteriores) de Washington, informaba a seguir do lanzamento dun grupo especial para librar internet de control cubano e sometelo ao de EUA. A rede de cadernos de bitácora (blogosfera) de Cuba acusa no comunicado reproducido a seguir que a chamada participación en igualdade defendida polos promotores do Bloqueo é só unha competencia entre desiguais, coa que os gobernos máis poderosos do mundo buscan asegurar o control unilateral, mesmo que o definan como unha loita pola diversidade e o diálogo democrático.

“Cuba existe tamén na blogosfera. É a testemuña cotián e o pensamento libre dunha nación e dun pobo en toda a variedade da súa cultura de resistencia e de vida. É o patriotismo que nos identifica como comunidade, o que nos leva a denunciar as recentes declaracións do presidente dos Estados Unidos por ofensivas e aldraxantes co noso pobo. Trump frea, retrocede, descolócase na historia, asume a peor das posicións e faino rodeado de persoas de amplo historial delincuente.
Os blogueiros cubanos que asinamos esta declaración, así como no seu momento, seguimos e animamos o achegamento entre as dúas nacións, malia súas diferenzas, rexeitamos o regreso ao discurso ofensivo e a política das cavernas, unha chea de veces derrotada; reprobamos toda intención de forza contra a Illa, á vez que descualificamos a terroristas e políticos trampulleiros como interlocutores válidos para os cubanos.
Ao presidente Trump cómprelle saber que o seu mandado non atinxe Cuba e as súas ofensas no espectáculo da idade do xeo, non fan senón reforzar o sentimento antiimperialista, como unha razón máis de unidade.
O camiño seguido e a dignidade das persoas que o transitan, son lexítimos pola xénese popular que lle deu vida, sen presión de ningúnha caste, forxada desde o pobo ao que pertencemos, e ao cal débese o relato- grande e poderoso- da tenzón da vida nesta terra, que loita a diario por unha sociedade e un mundo mellor.
Quen quixer sumarse a esta declaración pode facelo dende as diversas plataformas de Redes Sociais onde foi publicado ou, se cadra, reblogueándoa nas súas propias páxinas”.
Karina Marrón. Espacio Libre de Cuba
Enrque Ubieta. La Isla Desconocida
Iroel Sánchez. La Pupila Insomne
Manuel Henríquez Lagarde. Cambios en Cuba
Jorge Á Hernández Pérez. Ogun cubano
Luís E. Ruíz Martínez. Visión desde Cuba
Tamara Velázquez. Recetas naturales de la abuela cubana
Susana Acea. Una Profe en Centrohabana
Daniel Guerra. Sin Oropel ni Garufa
Elier Ramirez Cañedo. Dialogar Dialogar
Raisa Martín Lobo. La Guantanamera
Daynet Rodriguez Sotomayor. Ojos de Cuba