Terra Sen Amos – Axencias
Hai nove meses que o renovado reclamo de pór fin ao bloqueo dos EUA contra Cuba, foi clamor nas rúas de Miami, correu de contado por todos os Estados da Unión, contaxiou o Canadá, pasou a Europa e dende alí correu a voz a Asia, Oceanía, África e América do Sur. Na tarde do día 29, as concentracións de protesta polo asedio a Cuba de parte do goberno de Washington, extendéranse por 71 paises que demandaron ao actual ocupante da Casa Branca, de orixe irlandesa, Joe Biden, a anulación das sancións, o remate do bloqueo que se prolonga dende hai case 60 anos, a reapertura da embaixada na Habana, clausurada de feito sobre acusacións falsas contra o goberno da Habana, e que relance o programa de reunificación familiar entre cubanos que forman primeira emigración histórica de latinoamérica nos EUA.
Expresións populares de respaldo a Cuba e contra as sancións criminais que danan ao seu pobo realizaranse, simultaneamente, durante hoxe e mañá todo o mundo, como parte dunha iniciativa mundial promovida polas asociacións de amizade coa Revolución Cubana.
No cinco continentes, organizacións solidarias e residentes no exterior programaron caravanas de autos, motos e bicicletas, concentracións, marchas de montaña e repartos de voandeiras que informan do impacto cruel das máis de 240 sancións ordenadas pola administración Trump, que agravaron o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto por Estados Unidos a illa.
Hoxe martes continuarán as manifestacións para divulgar os avances da biotecnoloxía cubana e o labor internacionalista das 57 brigadas médicas Henry Reeve, que asistiron a 40 países no enfrontamento á pandemia, polo cal están a demandar para elas en todo o mundo o Premio Nobel da Paz.
Nas concentracións repetiuse o lema “Tender pontes de Amor con Cuba”.