“Teremos no CELAC unha organización da Nosa América e pode ser o acontecimento máis grande dos 200 anos de independencia demediada de América Latina e o Caribe”, dixo o presidente Raúl Castro no cumio fundacional da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.
A quenda de intervención do presidente de Cuba, deu lugar ao aplauso máis cálido e prolongado do foro internacional reunido en Caracas. O correspondente do xornal cubano “Juventud Rebelde” conta que mentres o xeneral cubano camiñaba para a tribuna o aplauso parecía non querer rematar.
Raúl dixo que a CELAC nascía para xuntar as vontades dos povos de América en nome da súa unidade e soberanía e lembrou a responsabilidade das nacións representadas no Cumio para contribuir á reconstrución e o progreso da República de Haiti. “Cuba -engadíu- estará en Haitía até que a nación irmá o precise”.
Lembrou o traballo histórico de Fidel a prol da igualdade da Nosa América e dixo que nunca o soño de Bolívar e José Martí fora tan presente.
O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, deu a benvida aos representantes das 33 nacións antes de o Coro Nacional Juvenil de Venezuela encetar o Himno Nacional.
Na fotografía á beira, Raúl Castro departe con Dilma Roussef, Hugo Chávez e outros presidentes nun ceso do Cúmio do CELAC.