Salim Lamrani recorda a virulencia do estado de sitio contra Cuba

Maurice Lemoine – Le Monde Diplomatique

Dous de setembro de 2004. A compañía aérea española Iberia foi sancionada cunha multa de 55.000 dólares por pousar en Miami cando transportaba na adega tabaco cubano (a mercadoría non saleu do avión durante a escala). O banco suizo UBS houbera de pagar 100 millóns de dólares por ter recibido transferencias de fondos cubanos en dólares; Washington meteu ao Netherlands Caribbean Bank (NCB) na lista negra por ter feito xestións comerciais con Cuba.

Quen pretende crer ou coida que o estado de sitio de Estados Unidos contra Cuba xa non existe, ten ocasión de documentarse sobre a realidade plena e criminal do bloqueo no invaluábel libro de Salim Lamrani “Estado de Sitio: As sancións económicas de Estados Unidos contra Cuba. Unha perspectiva histórica e xurídica”, editado en Francia.

Salim Lamrani recorda a virulencia do estado de sitio contra CubaAs sancións económicas unilaterais, vixentes dende 7 de febreiro de 1962, agravadas polas leis Torricelli (1992) e Helms-Burton (1996) a maiores de violar o Dereito Internacional e de constituiren un esperpento xurídico pola súa dobre condición retroactiva e extra-territorial, afectan a todas as instancias do povo de Cuba. Lamrani lembra que en xaneiro de 2004 o daquela senador Barack Obama recusóu publicamente o bloqueo coas seguintes palabras: “Coido que xa é ben hora de arriar o embargo”.

Salim Lamrani: “État de siège: Les sanctions économiques des États Unis contre Cuba. Une perspective historique et juridique”. Prólogo de Wayne S. Smith Prefacio de Paul Estrade París, Éditions Estrella, 2011 (en francés) 172 páxinas 15 € Disponibel en libreirías e en Amazon

Para peticións dedicadas: lamranisalim@yahoo.fr

Fonte: Le Monde Diplomatique

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *