Arquivo da etiqueta: Helms-Burton

Obama di que o Bloqueo non durará moito

Terra Sen Amos – Redacción

Facendo balance dun ano de conversas con Cuba, Obama salienta os pasos dados nas viaxes e na comunicación bilateral e anuncia un aumento da opinión contra o Bloqueo na maioría republicana da Cámara, no que se apoia para prever que o cerco será historia nunha data non lonxana. Nunha entrevista de aniversário concedida a axéncia de prensa de Yahoo, o presidente declárase satisfeito do restablecimento de embaixadas, despois de 54 anos de belixeráncia unilateral, das viaxes a Cuba e das visitas á illa do chanceler John Kerry, da ministra de Comercio Penny Pritzker e do ministro de Agricultura Tom Vilsak.

Un ano depois de reiniciar o diálogo con Cuba, Obama anuncia que o Bloqueo non durará.
Un ano depois de reiniciar o diálogo con Cuba, Obama anuncia que o Bloqueo non durará.

Seguir lendo Obama di que o Bloqueo non durará moito

Salim Lamrani recorda a virulencia do estado de sitio contra Cuba

Maurice Lemoine – Le Monde Diplomatique

Dous de setembro de 2004. A compañía aérea española Iberia foi sancionada cunha multa de 55.000 dólares por pousar en Miami cando transportaba na adega tabaco cubano (a mercadoría non saleu do avión durante a escala). O banco suizo UBS houbera de pagar 100 millóns de dólares por ter recibido transferencias de fondos cubanos en dólares; Washington meteu ao Netherlands Caribbean Bank (NCB) na lista negra por ter feito xestións comerciais con Cuba.

Quen pretende crer ou coida que o estado de sitio de Estados Unidos contra Cuba xa non existe, ten ocasión de documentarse sobre a realidade plena e criminal do bloqueo no invaluábel libro de Salim Lamrani “Estado de Sitio: As sancións económicas de Estados Unidos contra Cuba. Unha perspectiva histórica e xurídica”, editado en Francia. Seguir lendo Salim Lamrani recorda a virulencia do estado de sitio contra Cuba