Luis Toledo Sande – cubaperiodistas.cu
O rapabulsas que preside os EUA anuncia unha nova volta do fungueiro, certamente aleve, con que fai máis de seis décadas a potencia imperialista tenta esganar a Cuba. Desta ven cunha orde executiva para reforzar o bloqueo disposto(así o recoñeceu sen vergoña en abril de 1960 un dos seus voceiros) para provocar necesidades que fixesen que o pobo cubano deixase de darlle o seu apoio maioritario á Revolución encabezada por Fidel Castro.
Neses anceios andan os imperialistas dende aquela, e o republicano Donald Trump fixo por reforzalos así que chegou por primeira vez á presidencia. Axiña freou os enganosos pasos do seu predecesor, o demócrata Barack Obama, que anunciara, non para axudar a Cuba, senón para buscar por camiños máis elegantes o que o bloqueo non conseguira, e evitar que a fatal imaxe do bloqueo na opinión.
O matasete e falanchín Trump, representante orgánico dun imperio violento e en decadencia, retomou o camiño da forza ostensíbel nos plans contra Cuba. Non só desmontou os anuncios de Obama e levou o bloqueo a súa máis asañada hostilidade, senón que o recargóu con máis de duascentas corenta medidas dirixidas a afogar a illa.
Estas medidas (revalidadas polo seu sucesor, Joseph Biden, demócrata coma Obama) foran agravadas dende o seu retorno á Casa Branca, logo de termar por se safar de reponsabilidades por feitos coma o asalto ao Capitolio Nacional, ameaza dunha guerra civil que hoxe parece a cada máis próxima. Animado de a pouco pola acción pirata que forzas do seu exército imperialista perpetraron contra Venezuela, acordou que chegara o momento de intensificar aínda máis o bloqueo contra Cuba.
Terrorismo como arma política
Daba por seguro que a illa caería ao ficar sen a colaboración de Venezuela e, así e todo, fixo por crear un clima de terror para obter a rendición. Mais o exemplo da brava resistencia dos trinta e dous cubanos caídos en Caracas, que el mesmo puido espiar a distancia desde a súa gorida floridana de Mar-A-Lago, na compaña de algúns dos seus máis noxentos socios, xa lle certificaría algo que el non ignoraba: co pobo de Cuba non se xoga. Unha certeza que o levou a decidir un bloqueo naval para impedir que recibise petróleo e outros recursos básicos.
O xeito de asegurar o rigor do bloqueo naval, é a guerra de aranceis, o seu recurso para dominar o mundo. Outras medidas poderían traerlle problemas graves a economía do país no medio dos escándalos do Caso Epstein ou a violación das leis que esixen o voto do Congreso antes de asaltar unha nación soberana e secuestrar ao seu presidente constitucional, como fixeron contra Venezuela. Ilegalidades que chegan no medio de protestas no propio territorio dos EUA polos asasinatos de cidadáns brancos, non xa inmigrantes racialmente inferiores, cometidos polo seu destacamento paramilitar do ICE (que distintas voces chaman A Gestapo de Trump)
No canto dun bloqueo naval que comprometería gravemenete o seu propósito de permanencia na Casa Branca, quen se considera non só presidente do EUA senón emperador do mundo, anunciou unha recarga máis do bloqueo, de crítica gravidade: unha orde executiva de alzados aranceis contra todo país que lle faga chegar petróleo a Cuba, imposición que compromete represalias militares contra quen desobedeza.
Así como dende a Casa Branca fixeran bulras da prática aclamación da Asemblea Xeral da ONU contra o bloqueo (co voto de algún aliado xemelgo, coma fora o caso de Israel) agora Trump séntese con folgos para impor a súa vontade anticubana ao resto do mundo.
Arestora, quen non atendan o seu deber de defenderen Cuba, non só colaborarán de feito co mafioso que preside os EUA senón que estarán a tecer (ou reforzar) o barazo da forca para o seu propio pescozo. Ben claro proclamara o actual gobernante ianqui que non respecta máis lei que a da súa propia moralidade (isto é, a súa total carencia de moral) mentres a súa mente abala entre a enfermidade e a desvergoña, e non precisa sicólogo nin siquiatra que o confirme.
Cuba, que dera superado desafíos como o do derrube da Unión Soviética e o campo socialista europeo, ten unha longa e ricaz historia que seguir honrando, recentemente acrecentada polo exemplo dos seus trinta e dous fillos mortos en Venezuela. Afincada de pleno dereito nesa historia, sabe con certeza que o seu é honrar seus grandes fundadores, dende Carlos Manuel de Céspedes até Fidel Castro, sembrador do Patria ou Morte Venceremos, a maior divisa da nación, pasando polos cumios que representan José Martí e Antonio Maceo.
Martí, ao render tributo ás vidas entregadas pola liberdade de Cuba, exclamou: “Que vos sirva de abraio e contento, mortos ilustres! O compromiso de facer libre e próspera á patria, é tan rexo que antes de decaer xuntarase o mar do Sur co mar do Norte, e nacerá unha serpe dun ovo de aguia!”. Establecendo a loita contra quen tivese o propósito de atrancar o triunfo dese empeño, Maceo anunciara: “Quen tente apoderarse de Cuba, só recollerá o pó do seu chan asolagado en sangue, se non perece na loita!”.
Cuba amante da paz que ten dado mostras arreo da súa ética solidaria, tamén está resolta a defenderse e defender a xustiza. Aqueles que dentro ou fóra de Cuba non o fixesen, cargarán para sempre con esa vergoña e deberán prepararse para a indignidade e desprezo que o monstro revolto e asasino lles ten reservado.
Luis Toledo Sande (Holguín 1950) fora responsábel delegado polo ministerio de Cultura de Cuba na Semana de Martí en Vigo (1989) un programa de conferencias e actuacións que culmunou coa inaguración dunha estatua de Martí nos xardíns de Uxío Montero Ríos da beiramar da cidade.
Versión en Galego de Rina María Ameneiro, profesora emérita do Seminal State College (A Florida) para TSA.
