TERRA SEN AMOS – HABANA
Nunha denuncia publicada na súa conta oficial, a representación das Nacións Unidas en Cuba denunciou como extremadamente graves as consecuencias que están a derivaren do bloqueo enerxético ilegalmente decretado polos EUA contra a illa. Citando evidencias da Organización Panamericana da Saúde (OPS) a ONU informou que no mes de febreiro do ano que andamos deixaron de praticarse 50.412 intervencións cirúrxicas en Cuba. A caida no funcionamento dos quirófanos está a seproducir pola falla do subministro elétrico e a carencia de recursos cirúrxicos básicos, directamente ocasionados polo bloqueo enerxético imposto polo goberno dos EUA a Cuba. O parón das intervencións, non só agrava a patoloxía de doentes en lista de agarda senón que resulta unha forma de castigo masivo contra o pobo de Cuba ao producir un perxuizo direto a persoas que figuran en listas de emerxencia médica e á poboación da illa en xeral ao privala de enerxía básica.
