Ricardo Alarcón Quesada, presidente do Parlamento de Cuba desde 1992 e membro do Buró Político do Partido Comunista, explica a Salim Lamrani nunha entrevista o significado dos cambios introducidos na propiedade e na administración. Alarcón indica que a reducción do papel do Estado na sociedade cubana non afecta a proxecto de saúde, educación, cultura, seguridade e asistencia social, xubilación e benestar.
Como recorda o presidente, estas áreas representan a parte principal do orzamento nacional e obrigan á facenda pública a asumir anualmente a demasía do custe. “O Estado -sinala Alarcón- non renuncia ao seu papel e comprométese a manter as conquistas sociais. Mater o acceso uniersal á saúde, á educación e a todas as prestacións sociais é preciso ultimar a eficiencia”.
Versión completa da entrevista nestes enlaces: