Todalas entradas de admin

O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Juventud Rebelde /Cubainformación

A Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso dos Deputados, requeriu ao Governo español intervir perante o executivo norteamericano en demanda de excarceración inmediata dos Cinco Antiterroristas Cubanos, inocentes presos nas cadeas dos Estados Unidos dende desde 1998.

Promoveu a moción o Grupo Mixto, a instancias do Bloque Nacionalista Galego, Esquerra Republicana de Catalunya, Izquierda Unida, Iniciativa per Cataluña-Els Verts e o PSOE e os deputados aprobaron unha proposición non de Lei construida sobre o fondo de incontábeis pronunciamentos internacionais a prol de Gerardo, René, Ramón, Antonio e Fernando, e de pedidos de liberación semellantes formulados por governos, parlamentos, instancias públicas de toda clase, asociacións en defensa da xustiza e particulares. Verdadeira fronda documental para o Governo poder interceder perante Washington en demanda de excarceración e para os familiares dos antiterroristas poderen atinxir o dereito de humanidade de visitalos, negado até o de hoxe pola Casa Branca. Seguir lendo O Congreso require ao executivo español que interveña a prol dos Cinco Heroes perante o governo dos Estados Unidos

Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

O bloqueo político, financeiro e comercial decretado polos Estados Unidos contra Cuba é o máis prolongado e inxusto da historia das relacións internacionais. É, ao mesmo tempo, a inxerencia máis desigual, perpetrada polo imperio máis armado e poderoso que teña existido no planeta, contra un país incomparabelmente inferior en poboación e en recursos económicos.

Contra esta situación, recrudecida nos últimos tempos, militantes da solidariedade de Porto e Galiza celebrarán os dias 25 e 26 de xuño en Compostela un encontro convocado pola asociación Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”. Seguir lendo Encontro solidario de Porto e Galiza contra o bloqueo, 25 e 26 en Compostela

Xornada popular na Habana en defensa do patrimonio forestal

A Habana, 5, Prensa Latina.

A capital desenvolveu onte un rico programa educativo para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, centrado no cuidado do planeta e na promoción da conciencia ecolóxica das novas xeracións. O lema deste ano é As Fragas e a Natureza ao seu Servizo e procura pór en evidencia as consecuencias da deforestación e da degradación forestal.

Mostras, proxecións de documentais, sementeira de chantóns, palestras sobre a proteción da flora e fauna cubanas e unha completa brigada popular de limpeza da badía habaneira foron algúns dos rubros do programa. Tamén foi inaugurada a proposta gráfica “Biodiversidad es vida” sobre diversas visións da temática mediomabiental, expuesta nas reixas do Castelo da Real Forza, á beira do porto habaneiro. Seguir lendo Xornada popular na Habana en defensa do patrimonio forestal

O asasinato de Ben Laden

Fidel Castro reflexiona sobre a incursión de comandos USA en Paquistán.

O compañeiro Fidel defende neste escrito a tese de que a incursión que rematou coa vida de Osama Ben Laden foi un asasinato e un crime de estado, ademáis dunha violación da soberanía de Paquistán e unha ultraxe ás tradicións e crenzas dos musulmáns. Fidel recorda a oposición histórica da Revolución Cubana ás accións que puideran pór en perigo vidas de civís pois de feito, sendo partidarios da loita contra a tiranía batistiana, os revolucionarios condeaban todo acto violento que implicase risco de morte de persoas inocentes. “Tal conduta, honrada durante máis de medio século, outórganos dereito a expresar opinión sobre un asunto tan delicado”, escrebe o Líder da Revolución. Seguir lendo O asasinato de Ben Laden

Comeza a campaña polo 1.000.000 de asinaturas para a liberdade dos Cinco

O 12 de setembro de 1998, foron detidos e encarcerados en EEUU cinco cidadáns cubanos -René, Gerardo, Fernando, Ramón e Antonio- residentes naquel momento nese país.

Un proceso xudicial sen as debidas garantías e falto de probas condenounos a inxustas penas, que van desde os 15 anos ata dúas cadeas perpetuas. Dita carencia de probas foi recoñecida pola propia Fiscalía de EEUU (2001). Aínda así, os CINCO seguen cumprindo as súas duras penas de cárcere en distintas cadeas norteamericanas.

É unha opinión amplamente compartida que os CINCO foron vítimas dun xuízo político e que a xustiza estadounidense demostrou que, nese país, ser cubano e revolucionario é elemento suficiente para ser encarcerado. Seguir lendo Comeza a campaña polo 1.000.000 de asinaturas para a liberdade dos Cinco